O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu hoxe ao presidente da Xunta que aclare se "subscribe" as declaracións da experta que o PP convocou á comisión de investigación sobre os efectos na cidadanía dos recortes na sanidade pública e que cuestionou os tratamentos oncolóxicos por gañar "un par de meses" de vida. CABALLERO ESIXE A FEIJÓO QUE ACLARE SE “SUBSCRIBE” QUE SE LLES NEGUE A PACIENTES ONCOLÓXICOS TRATAMENTOS PARA GAÑAR “UN PAR DE MESES” DE VIDA. En concreto, Beatriz González chegou a afirmar que "é un problema estar dando tratamentos oncolóxicos" a pacientes cuxa perspectiva é gañar "un par de meses", dado o custe económico que supoñen. Fronte a iso, o líder dos socialistas galegos urxiu a Feijóo a esclarecer se esa é tamén "a súa opinión" e se "subscribe" as declaracións dos expertos que o PP elixiu para acudir á comisión de investigación no Parlamento galego. |
![]() |
"O PP negou a comparecencia do familiar do home que faleceu no PAC da Estrada sen recibir asistencia médica e primou a presenza deste tipo de expertos", recalcou Gonzalo Caballero, quen reprobou que alguén alegue custes económicos elevados para poñer en dúbida a utilidade de "alongar a vida dun paciente". "Coma se fose unha cousa menor", concluíu.