O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a concesión das subvencións para os servizos de salvamento en concellos do interior da provincia, que financia a Deputación da Coruña con 302.165,61 euros. A través desta liña de axudas, 40 concellos coruñeses custearán os salarios dos socorristas que traballarán este verán nas piscinas, praias fluviais e outros espazos acuáticos municipais.
As achegas da Deputación van desde os 3.521 aos 10.000 euros, segundo as necesidades estimadas por cada concello. A comarca de Santiago, ao contar co maior número de concellos de interior, concentrará máis da metade destas axudas, un total de 155.248,77 euros.
Pola súa banda, na zona da Coruña e As Mariñas achéganse 50.484,89 euros,que se repartirán entre os concellos de Cambre, Carral, Coirós, Curtis, Sobrado, Vilasantar e Oza-Cesuras.
En Ferrol, Eume e Ortegal, a Deputación concedeu un total de 54.785,17
euros para os concellos de A Capela, Cerdido, Moeche, Monfero, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior.
En canto á Costa da Morte e Bergantiños, contarán con servizos de socorrismo financiados pola Deputación a piscina da Silva e o parque acuático de Cerceda, a piscina de Vimianzo e as instalacións acuáticas municipais de Zas. A institución provincial achega 26.083,64 euros.
Por último, na zona do Barbanza a Deputación financiará a contratación de socorristas nos dous concellos que non teñen costa, Lousame e Mazaricos, achegando un total de 15.563,14.
Distribución das axudas por comarcas e concellos
Comarca da Coruña e As Mariñas
CONCELLO
|
|
Cambre |
8.000 |
Carral |
8.442,90 |
Coirós |
7.347 |
Curtis |
6.500 |
Sobrado |
5.694,99 |
Vilasantar |
4.500 |
Oza-Cesuras |
10.000 |
TOTAL |
50.484,89 |
Comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal
CONCELLO
|
|
A Capela |
3.521,60 |
Cerdido |
7.500 |
Moeche |
8.214,71 |
Monfero |
5.308,29 |
As Pontes |
9.192,40 |
San Sadurniño |
7.500 |
As Somozas |
8.214,71 |
Vilarmaior |
5.333,46 |
TOTAL |
54.785,17 |
Comarca de Santiago
CONCELLO
|
|
A Baña |
5.400 |
Ames |
9.697,93 |
Boimorto |
4.741,17 |
Brión |
5.266,50 |
Frades |
8.785,18 |
Melide |
9.583,83 |
Mesía |
8.235,54 |
Negreira |
7.000 |
Ordes |
9.697,93 |
Oroso |
9.583,83 |
Padrón |
7.463,28 |
Rois |
6.751,80 |
Santiso |
8.214,71 |
Teo |
8.000 |
Toques |
4.612,56 |
Tordoia |
8.328,81 |
Touro |
8.328,81 |
Trazo |
8.328,81 |
Val do Dubra |
8.328,81 |
O Pino |
8.899,27 |
TOTAL |
155.248,77 |
Comarca de Bergantiños e Costa da Morte
CONCELLO |
|
Cerceda |
9.469,74 |
Vimianzo |
8.442,90 |
Zas |
8.171 |
TOTAL |
26.083,64 |
Comarca do Barbanza
CONCELLO
|
|
Lousame |
7.234,33 |
Mazaricos |
8.328,81 |
TOTAL |
15.563,14 |