O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o socialista Alfredo García, compareceu esta tarde na comisión parlamentaria que analiza a vaga de incendios que asolou Galicia no mes de outubro e, neste foro, lamentou “a falta de coordinación” entre administracións no relativo á prevención e loita contra os lumes forestais.
Centrou o seu discurso na imposibilidade de manter limpas as franxas de protección pola incapacidade económica e técnica que teñen os concellos. “A problemática tamén está no ámbito xurídico, xa que a grande cantidade de denuncias e de expedientes e a súa xestión administrativa é unha realidade que os alcaldes e alcaldesas non poden solucionar, xa que no caso de poñer en marcha todos eses expedientes deixaría aos concellos paralizados administrativamente”, advertiu.
Se ben deixou claro que el non ten a “solución definitiva” e que non cre que haxa ningunha “a curto prazo”, si subliñou que o camiño a percorrer pasa “pola ordenación do territorio a través dun Pacto de Estado no que sentarnos e chegar a acordos duradeiros e consensuados”. Así, propuxo a metodoloxía de ensaio-erro para ir testeando e descartando as medidas postas en marcha para mellorar.
Ademais, o tamén alcalde do Barco de Valdeorras puxo de manifesto o sentir dos alcaldes e alcaldesas galegas de que o problema non é a extinción, senón a prevención: “e non falamos da roza dos montes, senón de grandes obxectivos en materia de prevención de incendios como son o de poñer en valor o monte en Galicia”. “Para nós, monte que produce non se queima”, concluíu Alfredo García.
SEN AXUDA “EXTERIOR”
Pola súa banda, o alcalde de Nigrán, o socialista Juan González, relatou a falta de axuda “exterior” coa que contou durante todo o tempo que duraron os lumes no seu municipio, no que faleceron dúas persoas.
Tamén desa “soidade” falou o rexedor de Carballeda de Avia, Luís Milia, quen considerou “inconcebible” que os concellos teñan que seguir os mesmos cauces que os cidadáns para comunicar incidencias.
RETRASOS NOS PAGOS
A continuación, agradeceu a “solidariedade” de empresas, particulares e outros concellos -dado que os incendios deixaron oito pobos sen servizos básicos (auga, luz, teléfono…) e ata houbo que realoxar a 14 veciños-, fronte á falta de implicación do Ministerio de Agricultura, a Xunta e a Deputación de Ourense.
E é que, como dixo, dos 750.000 euros que afrontou o concello polos danos, aínda “non recibiu nin un euro” nin do goberno galego nin do provincial e as axudas para a forraxe do gando tamén sufriron unha importante “tardanza”.
Pensando nas axudas da Xunta para os veciños, o alcalde de Carballeda lamentou a “complexidade” da súa tramitación e sinalou que foi persoal do concello o que cubriu a práctica totalidade das solicitudes. Neste punto, cuestionou tamén que non se inclúan, por exemplo, os hórreos que arderon e non estaban pegados ás vivendas.
Ao fío diso, o alcalde de Cervantes, o socialista Benigno Gómez Tadín, criticou as partidas “insuficientes e ridículas” que destina á Xunta aos afectados polos lumes e que, ademais, “ignoran os problemas do rural galego”.
"MIENTEN" sobre el incendio de Fandicosta, utilizaron ... - Xornal Galicia
Xornal Galicia - Aniversario incendio Fandicosta.... ¡¡¡ Un destrago de ...
Xornal Galicia - Feijóo y Rueda "MIENTEN" sobre el incendio de ...
Xornal Galicia - La PBPG en el Parque de Pontevedra acusa a ...
Aniversario incendio Fandicosta.... ¡¡¡ La vida sigue igual...!!!..Feijóo ...
La Xunta adelantará la financiación a Fandicosta para reanudar su ...
Sr Feijóo "por la boca se le muere el pez" cambie de carnada y de ...
PLADESEMAPESGA desmonta la GRAN MENTIRA de FEIJÖO en ...
Denuncian que as autoridades galegas (PPdeG ... - Xornal de Galicia