As Comisións Executivas provinciais de UGT e CCOO fan público o calendario provincial de MOBILIZACIÓNS CONXUNTAS POLAS PENSIÓNS, enmarcadas no proceso reivindicativo acordado a nivel estatal entre as confederacións de CCOO e UGT e as federacións de pensionistas e xubilados de ámbalas dúas organizacións sindicais, e convocan a toda a cidadanía a que participe activamente nos actos convocados.
Para UGT e CCOO, a fonte de financiamento que mellor pode garantir un bo sistema de pensións «é a creación de máis emprego e que este sexa de calidade». Para iso, cómpre mellorar a produtividade dos factores de produción, transitando cara a un modelo de crecemento baseado na innovación, pero sen deixar de impulsar, desde os orzamentos públicos, actividades intensivas en man de obra e que xeren oportunidades de emprego para todas as persoas desempregadas, ao tempo que se atenden necesidades da sociedade.
O Goberno renunciou a adoptar medidas que aumenten os ingresos do sistema público das pensións. Ademais, sobreutiliza o Fondo de Reserva mediante a suspensión dos límites máximos de disposición que prevía a lei, dando lugar ao seu consumo anticipado.
Do mesmo modo, CCOO e UGT consideran que a reforma de pensións imposta unilateralmente en 2013 busca reducir a medio e longo prazo o gasto en pensións pola vía da diminución do poder adquisitivo das pensións, o que conduce ao colectivo de pensionistas e xubilados a unha perda moi significativa da capacidade adquisitiva das pensións, situación que, no caso da provincia de Ourense, vese agravada ano tras ano por termos o valor da pensión media inferior ao estado.
Calendario mobilizacións de UGT e CCOO en Ourense
CCOO e UGT en defensa do sistema público de pensións
Concentracións
- · 15 de febreiro: ás 11:30h. - CONCENTRACION - diante Subdelegación do Goberno
- · 1 de marzo: ás 11:30h. - CONCENTRACION - diante INSS
- · 22 de marzo: ás 11:30h: CONCENTRACIÓN - diante INSS
Recollida sinaturas e reparto octavillas informativas
- · 19 de febreiro: de 11:00h. a 13:00h. - Rúa do Paseo (diante Centro Cultural Anxel Valente)
- · 21 de febrero: de 11:00h. a 13:00h. - Parque San Lázaro (diante Edificio Sindical)