Os máis de 40 integrantes da comparsa “Os Colludos”, da Asociación Sociocultural ASCM, a maior parte delas con diversidade funcional, están xa listos para saír de ronda durante caseque dúas semanas nos festivais de Entroido da comarca. Sempre con letras cheas de inxenio e sarcasmo que falan en pro da mellora accesibilidade para as persoas con diversidade funcional, buscando favorecer a súa inserción laboral, dinamización e inclusión na vida social e comunitaria. con letras preparadas para cada un dos concellos que visitan.
Cunha actuación no centro de maiores Domus Vi, de Narón, arrancan mañá xoves a súa ronda de actuacións do Entroido 2018. Continuarán o venres en Neda, participando no pasarúas e o festival. No mediodía do sábado desplazaranse ao centro Domus Vi de Ferrol para actuar ante os residentes, e na tarde do mesmo día estarán en Narón. Ferrol, Pontedeume, Fene, Ultramar e Valdoviño, serán os demáis festivais onde acudan en días sucesivos. Entre o día 8 e o 17 de febreiro, sumarán unha decena de actuacións.
En Narón, localidade da que é orixinaria a comparsa e onde realiza durante o ano os seus ensaios, o grupo realizará diversas saídas. Non somentes actuará no Festival de Entroido e pasarrúas do día 10, senón que ademáis animará a súa parroquia, O Alto, durante o mediodía do domingo, visitando a continuación a Asociación de Veciños.
Ao longo da súa traxectoria, “Os Colludos” teñen cosechado xa tres premios:
2012: 2º Premio do Entroido, no Concello de Ferrol.
2013: Premio á mellor canción, no Concello de Ferrol.
2014: 1º Premio do Entroido, no Concello de Fene.
CALENDARIO DE ACTUACIÓNS NESTA SEMANA
DÍA |
HORA |
LUGAR |
XOVES, 8 de Febreiro |
18:00 |
Centro Domus Vi (Narón) |
VENRES, 9 de Febreiro |
20:30 |
Festival Concello de Neda |
SÁBADO, 10 de Febreiro |
12:00 |
Centro Domus Vi (Ferrol) |
SÁBADO, 10 de Febreiro |
18:00 |
Festival Concello Narón |
DOMINGO, 11 de Febreiro |
12:00 |
Percorrido polo Alto |