O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN), presenta este xoves en rolda de prensa os pormenores da Charla Informativa que se realizará o día 10 de febreiro en Vilagarcia, e a convocatoria de Concentracións e manifestacións que se levarán a cabo no resto de Galicia. Unha movilización que se une ás que se van celebrar en todo o Estado co mesmo motivo.
A rolda de prensa, na que comparece a voceira de Modepen, Victoria Portas Mariño, vaise desenvolver o xoves 8 de febreiro, ás 11.00 horas, na sede de Conferencias do Auditorio de Vilagarcia (Avd de Mariña s/n).
Nesta ocasión Modepen expoñerá:
- Os criterios que motivan a mobilización.
- As súas reivindicacións no ámbito do sistema público de pensións.
- As alternativas que propoñen de xeito colectivo, xunto con multitude de asociacións de xubilados e pensionistas de todo o Estado, neste asunto. Solucións factibles, posibles, reais e verdadeiras que potencian, garanten para o futuro e non dilapidan, senón todo o contrario, o sistema público de pensións.
MODEPEN é un movemento cidadán que aglutina básicamente a asociacións de xubilados e pensionistas, de xeito apartidista.