O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense decidiu anular o concurso mediante o que se ían cubrir un total de 106 empregos na Deputación Provincial ao entender que se trata dun mecanismo para repartir postos de traballo que atenta contra o principio de igualdade.

A sentenza que se vén de coñecer estima integramente o recurso interposto pola CIG contra a resolución do presidente da Deputación Provincial pola que se aprobaron as bases reguladoras e a convocatoria de concurso para cubrir 106 postos de traballo. A decisión xudicial baséase en que este proceso constitúe un circuíto pechado para repartir empregos e atenta contra o principio constitucional de igualdade. Ao mesmo tempo, o tribunal imponlle á institución provincial o pago dos gastos do proceso.
Dentro dos fundamentos de dereito citados na sentenza, a sala indica textualmente que “con esta actuación vulnéranse non só os artigos 14 e 23 da Constitución Española”, senón tamén preceptos do Estatuto Básico do Empregado/a Público/a e da Lei de Emprego Público de Galiza.
O secretario de Organización e responsábel da asesoría xurídica da central en Ourense, Anxo García Torres, sinala que “esta é a maneira de consolidar os postos de traballo neste organismo, pola porta de atrás, facendo resolucións a medida para colocar o persoal ligado ao Partido Popular e impedindo que ninguén máis poda acceder, unha práctica xa secular nesta institución”.
Feijóo no cesa a Baltar por presuntamente ofrecer ... - Xornal de Galicia
Baltar detrás del mercado sexual y Feijóo ... - Xornal de Galicia
El PSOE denuncia inacción de Feijóo contra la corrupción y por la ...
Feijóo desenténdese do efecto que a imputación de Baltar teña no ...
Manuel Baltar anuncia un proyecto de trenes lanzadera en las villas ...
"Baltar contra la magistrada que los investiga" por corrupción
La justicia le atribuye al PP de Feijóo cuentas falsas ... - Xornal Galicia
El PSdeG pide que se investigue si es delito que Baltar "cambiara el ...
Elecciones gallegas 2016: Feijóo: “Con González, Zapatero ...