Non se descarta en declaracións a este medio que detrás das cámaras ocultas poida estar o Goberno de Feijóo (PPdeG) para doblegar persoal rebelde aos recortes dos recursos da saude.
Ao día seguinte de presentarse a denuncia pública da CIG pola aparición dunha cámara oculta na sala de descanso do persoal da cafetería do Hospital Clínico, a empresa ARAMARK mantivo unha reunión co comité de empresa na que recoñeceu a súa instalación. Porén, o xerente da concesionaria asegurou descoñecer se hai máis cámaras ocultas argüíndo que esta fora unha decisión adoptada polos servizos centrais da empresa en Barcelona. A CIG considera que a gravidade do asunto é aínda maior porque nin se sabe se hai máis cámaras, nin que se está facendo coas gravacións.
O secretario comarcal da CIG-Servizos, Roberto Alonso, explica que segundo a empresa esta contratou un detective porque apreciou un descadre de caixa e que foi o propi detective quen instalou a cámara para investigar o asunto.
Aínda así, “entendemos que é totalmente desproporcionada a medida adoptada porque de ser isto certo tiñan que ter informado ao comité de empresa do que estaba a acontecer e das medidas que ía adoptar”, explica Alonso. Máis cando o comité de empresa solicitou en reiteradas ocasións o informe das cámaras que están instaladas á vista.