Comenzan A MORRER GALEGOS E GALEGAS ABANDONADOS NAS LISTAS DE ESPERA ORQUETADAS POLO PPdeG NA SANIDADE PÚBLICA;
ALERTA SANITARIA E DE SAUDE DOS GALEGOS: Moitos morren antes de ser vistos polo sitema orquestado por Feijoo (PPdeG) xa imputado por los mortos da hepatitis C
Achegamos a nota de prensa (e os gráficos) de SOS Sanidade Pública A Coruña enviada hoxe en relación coa Lista de Espera de Traumatoloxía de A Coruña. Os xulgados de Galicia comenzan a recibir multitud de denuncias por morte e presunto homicidio chegando as mesmas a todo o territorio Nacional polos turistas desatendidos e transeuntes que faleceron.
O GOBERNO DE FEIJÓO PODRÍA SER O PRIMEIRO GOBERNO DE EUROPA IMPUTADO POR HOMICIDO DOS CIUDADANS TGRAS SER ABANDONADOS NA SANIDADE PÚBLICA
As listas de espera de traumatoloxía do Hospital de A Coruña son signficativas e sobrepasan os límites tolerables. Persoas con patoloxías crónicas como artrose de cadeira ou artrose de xeonllo, que teñen solucións cirúrxicas, ven como pasan os meses sufrindo dor ata precisar o uso de opiáceos e aumentando a incapacidade para andar, coas complicacións médicas que poden presentar.
A denuncia pública de Margarita Santiago Urbano sobre a súa situación en lista de espera de traumatoloxía no Hospital de A Coruña visibiliza con nome e apelido e imaxe este sufrimento.
SOS Sanidade Pública A Coruña presenta e denuncia os datos da lista de espera de traumatoloxía deste hospital, os que aparecen na web do sergas, onde xa se ve que é o hospital do sergas (do seu tamaño, incluíndo Ferrol) coa maior espera media de consulta a xuño de 2017 (57,2 días). A espera media cirúrxica está na web do sergas en 98 días a xuño de 2017 na Coruña, 20 días máis que a media do sergas. Datos só superada polo caos vigués onde sobrepasan os 100 días nos seus dous hospitais.
Sendo estes datos chamativos aínda o son máis cando coñecemos os datos observados polo médico de familia na consulta de atención primaria. Estes son os reais, os datos que reflicten o sufrimento do paciente.
Cando o paciente vai á consulta do médico de familia por unha dor de cadeira, este lle pide unha radiografía, que tarda aproximadamente un mes, e así pode estar o diagnóstico feito en 1-2 meses aproximadamente. Pídese unha consulta con traumatoloxía, que tarda un mínimo de 6 meses, sexa unha petición normal ou preferente, e se este xa considera que se debe operar, a espera (inclusión en lista de espera nese momento) é de 6 a 12 meses. É seguro que na Coruña este paciente pasará entre un total de 12 a 18 meses, ás veces chega aos 2 anos, con tratamento analséxico, ao final con opiáceos e ás veces tendo que usar muletas e/ou cadeira de rodas, para ver solucionado un problema médico que non é complexo e non precisa gran tecnoloxía ou observación diagnóstica.
No caso da artrose de xeonllo hai que sumar a isto cando menos 3 meses máis de espera cirúrxica, alcanzando a mesma entre ano e medio e 2 anos.
As listas de espera, ademais do sufrimento e impacto socioeconómico que producen na cidadanía, seguen a ter unha xestión escura e pouco transparente. Antes o sergas publicaba os datos cada 3 meses pero agora só os ofrece cada 6, o 30 de xuño e o 30 de decembro de cada ano. Ademais non ofrece información de lista de espera de procesos, cando menos dos problemas médicos máis prevalentes, nin sabemos canta desta lista de espera é derivada a centros concertados. A transparencia é mínima e os datos que publica non permiten unha avaliación da xestión da mesma.
SOS Sanidade Pública fai públicos estes datos, pide maior transparencia na xestión e esixe do sergas unha solución a este problema, unha solución dentro da sanidade pública, non enviando pacientes aos hospitais concertados. Unha persoa que é diagnosticada de artrose de cadeira ou de xeonllo non debe esperar máis de 3 meses a ver resolto o seu problema. O resto non é tolerable.
SOS apoia a denuncia que fai unha paciente da lista de espera de traumatoloxía da Coruña
O luns 18 organizou unha concentración diante da porta do hospital de A Coruña, apoiada, entre outros, por SOS Sanidade Pública A Coruña.
Transcribimos aquí o texto do escrito de denuncia pública feito pola paciente Margarita Santiago Urbano:
Margarita Santiago Urbano DNI. 32 393 212 N
Quero manifestar, para coñecemento xeral, os meus pacedementos no funcionamento da ADMINISTRACIÓN DA XUNTA dE GALIZA RESPECTO Á SANIDADE.
Dende xuño de 2016 veño padecendo un problema de cadeira e, sobre todo, padecendo a política privatizadora da Xunta de Feijoo. Recoñezo a valía dos profesionais sanitarios, pero a pésima xestión da Xunta fai alongar durante de 16 meses a solución da miña doenza. Despois de pasar polo médico de cabeceira, por reumatoloxía e por traumatoloxía, aínda estou sen data de operación de cadeira (diagnóstico final dos profesionais) tendo que utilizar muletas para moverme.
Como ben sabedes, a Consellería de Sanidade do Sr. Feijo fixo unha trampa de tahúr: para diminuir as lista de espera creou o “rexistro de pacientes en espera”, sen datas concretas de operación. E esta é a miña situación, como a de moitos miles de usuarios da Seguridade Social. Repito: non é só o meu problema, é o de miles de usuarios da Seguridade Social.
Mentres, todos estamos a sufrir as secuelas derivadas: dor, pésima calidade de vida, depresións, etc. Poderíamos calificar isto de “terrorismo sanitario”? Pois a consciente política sanitaria da Xunta da máis que medo, da terror.
A Consellería de Sanidade está, ademáis, a incumprir a súa mesma normativa: non prolongar máis de tres meses as operacións. Cal é o motivo? O Consello Económico Social relatou no seu último informe que Galiza é a Comunidade que menos invirte en Sanidade. Péchanse salas, non se fan sustitucións, non se cubren prazas, péchanse áreas comarcais... A Xunta de Feijoo non é que non teña preocupación pola saúde dos galegos, o que realmente non lle importa é a
vida dos galegos. Só lle interesa o negocio sanitario e a PRIVATIZACION DO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE.
Por estos motivos comunícovos:
QUE O LÚNS DÍA 18 DE SETEMBRO ÁS 10:30 DA MAÑÁ VOUME PRANTAR NA ENTRADA DO CHUAC, NA ENTRADA DA 4a PLANTA TODOS OS QUEIRADES PROTESTAR POLO VOSO PROBLEMA, E POLOS PROBLEMAS DE TODOS OS PACIENTES, VIDE ESE DÍA."