Suma e segue: publicanse os convenios da Consellaría de Presidencia coa prensa escrita no DOG do 27 de xuño por valor de 317.000€
Con algo de atraso, con bastante en realidade, publicanse no DOG os convenios da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza coa prensa escrita. Os convenios foron asinados a finais do ano pasado, salvo o da Voz de Galicia (en marzo deste ano) e aínda veñen de publicarse agora. Curiosa coma sempre a motivación do convenio para a difusión das actividades desta consellería de interese para a cidadanía, durante o ano 2017.
Seguense utilizando os convenios como se fosen contratos de publicidade institucional onde non hai realmente unha colaboración senón simplemente pagar por que se publiquen "actividades das consellarías" ou o que toda a vida se chamou publicidade institucional ou campañas de autobombo. O problema: facelo con cartos públicos nun contexto de fortes recortes sostidos sobre os servizos públicos. O curioso é que mentres se gastan cartos en publicidade, as listas de agarda seguen crecendo como denunciaban recentemente desde o GC: "Non hai diñeiro para os alugueiros sociais e si para propaganda sobre a vivenda"
A Xunta aumenta en 500.000€ a axuda a medios privados para que sexan "máis plurais e independientes"
Serán 1.675.000 € os que de partida destinará o Goberno galego a subvencionar o funcionamento das empresas xornalísticas e de radiodifusión privadas e que, ano tras ano, recaen nos grupos de sempre.
Máis diñeiro público para comprar a prensa: 549.000€
Canto menos curioso é o apelativo que merecen estes convenios de colaboración onde unha Administración pon cartos e a outra parte conveniante comprométese a colocar un número determinado de xornais nos centros docentes galegos. Isto presuntamente semella un contrato de compraventa malamente disfrazado de "fomento da lectura da prensa escrita polo alumnado dos centros docentes". Custo: 325.374,56 €
E por que non destinar eses cartos directamente aos centros docentes públicos para que compren as publicacións e as novas tecnoloxías que precisen? Non sería esa un mellor xeito de fomentar a lectura?
“Potenciar o galego”
Na teoría se lles esixe que cedan á lingua propia un 8% do seu espazo total, que en moitas ocasión non se cumpre, xa que algúns deles nin superan o 5%. Espazos que, xeralmente, son os mesmos en todos os medios: cultura e opinión, principalmente. Algúns medios, como é o caso de La Voz, xustifican o uso do galego utilizando algunha declaración dalgunha persoa en galego nunha noticia que está en español.