Loli Toja lembran que a aeronave tivo un custe de 24 millóns de euros “que están metidos nun garaxe” fronte ao escaso interese da empresa adxudicataria por recuperar a aeronave
GALICIA.-Pleno.- La Xunta destaca que sus helicópteros de salvamento marítimo alcanzaron en 2007 la mayor operatividad del Estado El PP denuncia la ...
A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, elevou hoxe a “neglixencia” o desinterese da Xunta na recuperación do novo Helimer 401, unha aeronave adquirida en 2015 por 24 millóns de euros e que permanece paralizada dende hai un ano. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión pola situación da aeronave, con repercusións na seguridade marítima.
Toja lembrou que o helicóptero estivo parada dende o 2 de xuño de 2016 por orden da Axencia Europea de Seguridade Aérea, unha orde que foi levantada a principios de 2017, pero a aeronave non puido voar dende entón pola falla dunha peza que ten que entregar Airbus, e pola que leva agardando dende entón.
A responsable socialista criticou a pasividade do goberno galego fronte á falla de interese da empresa responsable do servizo por poñer a aeronave de novo en marcha, mentres o equipo segue a utilizar o Helimer Galicia, cun tempo de resposta 15 minutos superior, “suficiente para perder unha vida humana”.
Esixiulle aos gobernos galego e central a “poñer o grito no ceo” para conseguir a resposición da dita peza e a posta en marcha da aeronave de novo. Subliñou que “isto é unha neglixencia, un mal uso dos fondos públicos, e tanto o goberno galego como a Ministra de Defensa deberan asumir a responsabilidade por xestión neglixente”.
Exclusiva; La denuncia de PLADESEMAPESGA pone al Gobierno de ...
La Xunta de Galicia, Rosa Quintana contrata con Inaer que despide al ...
A Xunta esta a pagar traballadores como brigadas helitransportadas ...
Medio Rural acaba de pechar as bases de helicópteros propias: a de ...
Pesca.- Pladesemapesga denuncia en el juzgado el siniestro en el ...
Conclusión del informe sobe el hundimiento del pesquero Nueva ...
Pladesemapesga acusa a España de piratear en Finisterre ...
Rosa Quintana vendió los helicópteros a Inaer y ... - Pladesemapesga