O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentará na Comisión de Pesca que se celebra no Parlamento de Galicia mañá venres a partir das 10,30 h., unha proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno galego unha xuntanza cos patrones maiores das confrarías da Ría de Arousa para dar resposta ás súas demandas en relación co marisqueo.
Poden seguir a intervención en directo na web do Parlamento de Galicia:
http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/default.aspx