A Federación de asociacións do rural de Santiago FERUSA quere informar aos medios de comunicación o seguinte:
O proceso de regularización catastral que a xerencia da Coruña está comunicando a aquelas persoas residentes no rural de Santiago, que o catastro considera que dende a última revisión catastral no ano 2009 ou posteriormente fixeron algunha alteración ou modificación nas construcións das que son propietarios, están recibindo por carta certificada unha proposta de resolución co acordo de alteración para liquidar o imposto que recada o Concello.
Aos interesados neste proceso de Regularización catastral informáselle de que unha vez recibida a carta, cada interesado ten un prazo de 15 días para formular alegacións e aportar as probas que estime convenientes.No caso de que o interesado non formule alegación polo motivo que sexa, esta proposta convertese en definitiva.Todas as incidencias catastrais teñen que pagar unha tasa de 60 €.
Estas cartas están xerando malestar, alarma e preocupación na veciñanza do rural por varios motivos, nas comunicacións fannos responsables en todos os casos de non comunicar as alteracións de construción nas propiedades cando ata o de agora as construcións anexas estiveron exentas de contribución, incluso na revisión do ano 2009 realizada polo propio catastro, os valores catastrais que utilizan para calcular a base liquidable están en moitos casos valoradas moi por encima do valor de mercado, obrigan a pagar por cada incidencia unha tasa de 60 € que está confundindo a xente, porque moitos pensan que con esa tasa xa resolven a incidencia catstral sen darse conta que pagando a tasa sen formular alegacións o que están facendo é confirmar a proposta de resolución do catastro que no recibo do próximo ano vaille chegar o incremento máis a reclamación dos últimos 4 anos.
Por estas razóns escritas anteriormente a FERUSA solicitou unha reunión coa Xerencia de Catastro máis a Concelleira de Facenda do Concello de Santiago responsable de recadar o imposto, que vai ser mañá mércores as 9:30 h no Pazo de Raxoi.
O obxectivo desta reunión é por un lado trasladar tanto a Concelleira como a Xerencia do catastro o malestar e preocupación da veciñanza afectada, así como recadar información contrastada, veraz e fiable e no caso de ter que formular alegacións cales son as cuestións importantes para minimizar o importe do recibo