A Plataforma contra o traslado das centrais de urxencias e emerxencias á Estrada, constituída por persoal de xestión de emerxencias do 112 e do 061, compareceu esta mañá en rolda de prensa despois de que o subdelegación do goberno prohibise a súa última mobilización, prevista para o pasado sábado na Estrada, e de que o alcalde da Estrada, José López, realizase unha serie de declaracións nas que acusaba a plataforma de “mala actitude” e se comprometía a facer todo o posible para que o traslado se realizase nas condicións óptimas. empresas o sociedades ZPRUEBA DE MELILLA hasta el número de 18...
Los funcionarios denunciados pertenecían todos ellos a parte de su puesto de destino al menos a;
- EMPRESA PUBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS SA.
- SOCIEDADE PUBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA SA
- SOCIEDAD ANONIMA XESTORA BANTEGAL
- SOCIEDADE ANONIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA
Y al mismo tiempo en los consejos de al menos…., *18 sociedades en Melilla "ZPRUEBA". ZPRUEBA, Coremain, s.l, Altia, Abalar, AMTEGA, Retegal, EDNON, etc, es tan sólo un pequeño ejemplo, de lo que ha salido publicado en medios de Internet...
Despois de que, o mes pasado, o persoal do plataforma fixese públicos os problemas de funcionamento do novo programa de xestión de emerxencias que entrará en servizo no centro estradense e acusase á Vicepresidencia (a responsable última do 112) de actúar sen un plan e sen prever posíbeis continxencias, a Xunta de Galicia optou por retrasar o traslado un mes, ata este 18 de abril.
Persisten os fallos da plataforma informática
Porén, os traballadores directamente afectados denuncian que, a día de hoxe, o programa informático continúa a presentar erros graves de funcionamento e que a Xunta continúa sen facer público o seu plan.
“A insistencia nesa data por parte da Xunta continúa a ser temeraria: se o programa non funciona e temos que traballar manualmente, os tempos de resposta vanse disparar”, asegurou Isabel Moares, presidenta do Comité de Empresa do 112 e unha das portavoces da Plataforma, quen tamén lembrou que, “cando temos nas nosas mans unha vida ou a seguridade das persoas, cada segundo é fundamental”.
Pola súa banda o presidente da Xunta de Persoal do 061, Mario Otero,recalcou que, “no 061 continuamos á espera de que o Sergas convoque a mesa de negociación que prometeron”.
Xunto a isto, Mario Otero considerou que “as declaracións do alcalde da Estrada son, como mínimo, irresponsábeis e evidencian o absoluto descoñecemento das reivindicacións da plataforma”.
Na tarde de onte, 30 de marzo, a plataforma reuniuse co alcalde, José López, para coñecer, de maneira directa, os pasos que o concello da Estrada tiña dado para que o traslado se realizase nas condicións axeitadas. “O que comprobamos, sen moita sorpresa, é que, ademais de non ter feito absolutamente nada, López insistiu unha e outra vez en que a Xunta non ten obriga ningunha cos traballadores afectados”, declarou Isabel Moares.
Desde a Plataforma lembran que foi a Dirección Xeral de Interior a que adquiriu os seus propios compromisos ao especificar a existencia dunha partida orzamentaria para que o traslado fose o “menos oneroso posible”, e que no momento de concretar esa partida, foi a Xunta a que se levantou da mesa de negociacións.
Perda dun 14% en salarios maioritariamente mileuristas
Segundo os cálculos da Plataforma, os gastos para o persoal derivados do traslado serán de arredor de 14% do seu salario, só en desprazamentos. Por iso Moares insistiu en que “hai que entender que a maioría do persoal afectado non chega a mil euros de salario mensual, traballando 365 días, 24 horas, incluídas noites, festivos, domingos, etc. e que o traslado vai recaer sobre ese salario”.
Neste sentido Mario Otero “quen creou este problema, que non existía, foi a Xunta. E quen o pode solucionar é a Xunta. Ou paralizan o traslado, ou que o paguen. Nós non pedimos outra cousa”.
Incremento das mobilizacións
Mentres non sexan atendidas as súas peticións, a Plataforma xa anunciou que incrementará as mobilizacións, sen descartar ningunha medida de presión, aínda que asegurou, por voz de Mario Otero que “non facemos isto por gusto. O normal sería que a Xunta se sentase a negociar, pero non o fai. É a súa actitude a que nos levou a isto”.