No concello da Laracha non nos damos librado da vergoña de homenaxear a algúns dos principais responsábeis da represión franquista, xa que continuamos a padecer o nome da Rúa Almirante Carrero Blanco (e as súas travesías) en Caión.
E iso que vai xa para dous anos que o goberno municipal do PP da Laracha amosara a súa disposición a mudar o nome desa rúa, aproveitando a necesidade de nomear diversas rúas nos núcleos urbanos de Caión, Paiosaco e A Laracha; de feito, naquel momento tanto os grupos políticos como algúns veciños aportaron propostas de nomes para esas rúas.
Afortunadamente si se mudou entón o nome da Praza do Generalísimo na Laracha (agora Praza do Concello), mais o nome de Carrero Blanco continúa nunha das principais rúas da vila de Caión.
Desde o BNG levamos anos denunciando o feito de termos un goberno reticente a deixar de homenaxear os ditadores, desde moito antes de existir unha “lei da memoria histórica”, mais o certo é que se van cumprir xa dez anos da aprobación desa lei (o 26 de decembro de 2007), que especifica no seu artigo 15 que “as administracións públicas, no exercicio das súas competencias, adoptarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da ditadura”.
O BNG da Laracha continuará a denunciar esta situación, como levamos facendo máis de 20 anos, ata que desaparezan do noso rueiro os nomes dos represores. Seguiremos defendendo que a quen hai que honrar é ás vítimas e non os verdugos.
24 ene. 2017 -TRAMASSOBRE FONDOS PÜBLICOS AMPARÁNDOSE EN LOS CLUBs de FÜTBOL ....Campode Fútbol deCaión, Xermaña, cuestión de . ... 2010 -Maquinación urbanística con elCampodeFútbolda Insuade uso público y .
Noticias del Mar decaiony Noticias Marítimo pesqueras Gallegas, enXornalGalicia. ... y el Patrón Maior con elCampode fútbolda Insuay el dinero recaudado en ... Latramade los alcaldes del PPdeG se suma a la investigación penal en ...
... a la Consellería do Mar, Concello de Laracha, por obras ilegales enCaión... delCampode Fútbolda Insuay perteneciente a la cofradía de pescadores, que ...
Piso de 70 m², Alquiler de piso en calleCampo da Insúa, 18, Laracha, Laracha. ... "Se Alquila bonito apartamento en el pueblo deCaion, frente a la playa, ...
25 nov. 2016 -Todo su litoral se inserta en la llamada CostadaMorte, de enorme riqueza .... en la madrileña Casa deCampo, que el comandante le había mostrado a él ... y este la incluya en unacanciónque se titula “Padre Nuestro”, que en .... y que están vinculados a latramade los atentados en la capital francesa.
1 abr. 2014 -Xornalde Galicia Noticias news actualidad y la información de Galicia, La Coruña. ... TERREOS DOCAMPO DA ÍNSUADECAIÓN:: Noticias del mar y la ... A Retorta, etc., ou o non recoñecementodaconexión coatramade ...