A Peña Ciclista Amigos de Santiago (Ávila) culmina a 32ª edición da súa ciclomarcha a Compostela

Información
Portada | 18 Junio 2019 | 3168 votos | Correo electrónico | Imprimir

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, recibiu no salón vermello de Raxoi os integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, ao concluír a 32ª edición da súa ciclomarcha a Compostela. No acto tamén participaron o edil de Centros Socioculturais, Barrios e Obras, José Javier Fernández, e a concelleira popular María Antón.

 

A chegada deste grupo de ciclistas á cidade xa se ten convertido nunha tradición nestas datas. Os integrantes da Peña partiron de Ávila o pasado 15 de xuño e chegaron a Compostela tras catro etapas, con saídas de Ávila, Benavente, Ponferrada e Portomarín. Logo emprenderán a volta con paradas en Ourense, A Gudiña, Benavente e Medina del Campo.

Este ano participan na marcha ciclistas con idades comprendidas entre os 28 e os 67 anos. A de 2019 é unha edición moi especial, homenaxe a Simón Marina Collado, un integrante da Peña falecido o pasado ano. Familiares do mesmo tamén estiveron na recepción

social youtube xornalgalicia   feed-image