Este luns 17 de xuño, a Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións (COESPE) da que MODEPEN é parte integrante, levará a cabo mobilizacións en todo o Estado. Unha vez máis serán preto de 300 poboacións e miles de cidadáns/ás as que sairán á rúa, para reclamar pensións dignas para nós e para as xeracións vindeiras.
Feijóo se sube el sueldo por segundo año consecutivo.
Salvar o noso Sistema Público de Pensións, considerámolo vital para o futuro do noso país, dos nosos fillos/as e netos/as, porque nunca no noso país, as elites económicas e políticas trataran ás persoas maiores co menosprezo que o están facendo agora, tratan de privarnos dos nosos dereitos, cando foi grazas a nosa incansable loita, que eles poden vivir como MARQUESES do século XV.
Sairán á rúa para protestar, como levan anos facéndoo, ante o desinterese da clase política do país, que tarda meses en formar Goberno, a pesar de que os problemas da xente son cada día máis graves e perentorios.
Despois desta xornada, daremos unha certa tregua ao novo Goberno, 100 días de cortesía, pero non imos parar, reforzarémonos en todos os nosos pobos e cidades, levando a nosa mensaxe á xente nos nosos lugares de descanso estival, e volveremos en setembro con forzas renovadas.
Volveremos, porque salvar o noso Sistema Público de Pensións, considerámolo vital para o futuro do noso país, dos nosos fillos/as e netos/as, e volveremos con forzas renovadas, porque nunca no noso país, as elites económicas e políticas trataran ás persoas maiores co menosprezo que o están facendo agora (tratan de privarnos dos nosos dereitos, cando foi grazas a nosa incansable loita, que a sociedade poida gozar hoxe deses dereitos).
Pedimos a formación dun Goberno progresista de inmediato, e pedimos ao novo Goberno, que as súas dúas primeiras medidas sexan: aprobar a revalorización das pensións de acordo co IPC real, e igualar as pensións mínimas aos 900 euros do SMI.
GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE.
EN GALICIA:
Boiro, manifestación ás 12 h na praza do Convenio
A Coruña, concentración ás 19:30 h no Obelisco
Cariño, concentración ás 12 h diante do concello
Cangas, concentración ás 20:30 h na praza do Concello
Ferrol, concentración ás 12 h na praza da Constitución (Cantón)
Lugo, concentración ás 11 h na praza Maior
O Porriño, concentración ás 20h. Na praza Arquitecto Palacios
Ribadeo, concentración ás 12 h diante do Concello
Vigo, concentración ás 20 na rúa do Príncipe (fronte ao Marco)