BNG leva ao Parlamento a creación dunha comisión para mellorar as condicións laborais no telemarketing

Información
Galicia | 13 Octubre 2016 | 3376 votos | Correo electrónico | Imprimir

ANAPONTON TRABALLADORAS EXTEL CORUÑA ANAPONTON TRABALLADORAS EXTEL CORUÑA Pontón traslada ás traballadoras de Extel as medidas para un colectivo de 8.000 persoas que cobran un salario medio de 800 euros/mes e prestan servizo a multinacionais con beneficios millonarios

A portavoz nacional, Ana Pontón, e o deputado pola Coruña Xosé Luís Rivas, trasladaron aos representantes dos e das traballadoras de Extel as medidas que o Bloque defenderá no Parlamento en canto arranque a lexislatura para dar futuro e estabilidade ao sector do telemarketing, que en Galiza da emprego a 8.000 persoas nunhas condicións laborais marcadas pola precariedade e polos baixos salarios.

social youtube xornalgalicia   feed-image