FEIJÖO FUXIDO MIRANDO PARA O POSTO DE RAJOY; mentres a crise segue afectando duramente as familias con menos recursos sen que vexamos alternativas

Información
Galicia | 05 Octubre 2016 | 2585 votos | Correo electrónico | Imprimir

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, expresou hoxe a súa preocupación polos datos da enquisa conxuntural a fogares do Instituto Galego de Estatística que revelan “que a crise segue afectando duramente as familias con menos recursos sen que vexamos alternativas”.

 

Xoán Bascuas demandou ao goberno galego que reflexione sobre estes datos, e abra unha mesa de diálogo coas entidades que traballan no campo das políticas sociais, que necesitan un reforzo porque cada vez son máis as persoas que teñen problemas, e tamén que se traballe nunha verdadeira activación da economía.“Hai que tomar medidas e deixarse de propaganda, porque vemos que pasan as eleccións e os problemas non só fican, senón que se agravan” sinalou o político galeguista.

No último trimestre, os fogares galegos que chegan con moitas dificultades a fin de mes, aumentaron nun 28% e xa son 129.500 as familias nesta situación. Falamos dun 12% dos galegos, aos que hai que sumar un 44% que chegan con viven con dificultade.“Se crece o número de familias con necesidades importantes, e os niveis da confianza dos consumidores retroceden a índices de fai dous anos e medio, é evidente que non estamos no camiño correcto e que a recuperación que nos venden é unha falacia” apuntou Bascuas.

social youtube xornalgalicia   feed-image