Vulneración sistemática da legalidade lingüísitica por parte da empresa Ferrotlántica.

Información
Galicia | 05 Octubre 2016 | 3099 votos | Correo electrónico | Imprimir

IMG-20161003-WA0001 1 1

 

A multinacional, con fábricas e concesións hidroeléctricas e mineiras en territorio galego, si acepta español, inglés, francés e chinés mandarín

A Mesa solicítalle á Xunta que abra unha investigación e actúe para garantir os dereitos lingüísticos

Marcos Maceira: “Este desprezo ao galego mostra a falta de respecto a un país do que obteñen importantes beneficios”

Tras unha denuncia realizada ao servizo “A Liña do Galego”, a Mesa pola Normalización Lingüística comprobou a exclusión do galego para as denuncias e trámites internos entre a compañía multinacional Ferroatlántica e as súas traballadoras e traballadores.

O chamado código ético da compañía é o equivalente ao seu regulamento de réxime interno. No seu punto 10.3.2 sinala que “se poderán formular denuncias en lingua española, inglesa, francesa, ou chinesa (mandarín) por escrito, ben mediante a cumprimentación do formulario on-line habilitado ao efecto ou ben por correo postal preferibelmente certificado e con acuse de recibo (…)”.

ferroatlántica ceDesta maneira a compañía, propiedade do Grupo Villar Mir, exclúe o uso do galego, vulnerando por tanto, o contemplado na lexislación nacional e internacional que ampara o uso do galego, entre outras, o artigo 5 do Estatuto de Galiza de 1981, artigo 1 da Lei de Normalización Lingüística de 1983; artigo 6.1 e .2 da lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galiza para a súa adaptación á directiva 2006/123/ce do parlamento europeo e do consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior; artigo 46.1 da lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, e o artigo 13 b e e da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas.

Ante esta vulneración da lexislación galega e europea e dos dereitos lingüísticos das e dos traballadores, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística preguntouse se existe esta permisividade por parte da Xunta con todas as accións desta empresa que, lembrou, conta con tres fábricas en Galiza e seis minicentrais eléctricas, ademais das explotacións mineiras do grupo ao que pertence.

Neste sentido, a entidade de defensa da lingua galega dirixirase non só á Secretaría Xeral de Política Lingüística e á propia Ferroatlántica, senón tamén ás Consellarías de Industria e de Traballo para que actúen a favor das leis de Galiza e abran unha investigación.

Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “a Xunta, a través das Consellarías de Industria e de traballo, debe investigar a existencia de posíbeis vulneracións dos dereitos lingüísticos” e mais ao se tratar dunha compañía que “obtén grande parte dos seus beneficios da extracción de recursos e actividades industriais en Galiza. En troca, devolven desprezo pola lingua propia de Galiza e incumprimento da lexislación galega e europea”. Por isto a Xunta debe actuar para cumprir as súa obrigas co galego e para garantir o respecto pola lexislación e a lingua”.

social youtube xornalgalicia   feed-image