O Concello consigue 10 millóns de euros de fondos europeos para integrar o Miño na cidade a través do Carme

Información
Galicia | 03 Octubre 2016 | 8953 votos | Correo electrónico | Imprimir

O Concello consigue 10 millóns de euros de fondos europeos para integrar o Miño na cidade a través do Carme

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este luns que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas vén de conceder ao Concello o proxecto Muramiñae, Da Muralla o Miño, enmarcado dentro da convocatoria de fondos europeos de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (DUSI). Deste xeito, Lugo disporá de 10 millóns de euros para integrar o Miño na cidade a través do Carme e facer así unha cidade máis verde, máis sostible máis integradora e máis moderna, tal e como explicou a rexedora, quen lembrou que este proxecto se suma a outros que levan cristalizando ao longo do ano, onde o Concello concorreu a máis de 20 millóns para a cidade, unha cifra que redundará no conxunto de Lugo.

“Grazas aos fondos DUSI imos ser máis e mellor cidade. As cidades son para que as persoas as disfruten, e con esta estratexia, recuperaremos máis espazos para que elas sexan protagonistas”, asegurou Lara Méndez.

social youtube xornalgalicia   feed-image