A deputación de A Coruña dilapida os cartos públicos en "chiringuitos" dos fiscales

Información
Galicia | 27 Septiembre 2016 | 3019 votos | Correo electrónico | Imprimir

O Pazo de Mariñán (Bergondo) acolleu hoxe a xornada de clausura dunha nova edición da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, nun acto que contou coa asistencia do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a Fiscal Xeral do Estado, Consuelo Madrigal Martínez-Pereda, e o director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Juan José Martín Álvarez.

http://xornalgalicia.com/attachments/article/1049/265_Convenio_Escuela_Verano_Ministerio_Fiscal.pdf

A fiscal xeral do Estado, Consuelo Madrigal, considerou que estes encontros, que se veñen celebrando dende hai xa quince anos, "son unha referencia da nosa actividade formativa, que nos permiten abordar temas de actualidade" e destacou o "interese e vivacidade" dos debates, nos que participaron nos últimos tres días maxistrados do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional e fiscais de todo o Estado.

 

Pola súa banda, González Formoso lembrou na súa intervención a longa traxectoria de colaboración entre administracións que fai posible que A Coruña sexa, un ano máis, a sede da celebración destas xornadas.

"Este esforzo conxunto entre as diferentes administracións e o Poder Xudicial permite afondar en cuestións de actualidade e crear un diálogo constante entre os fiscais do noso país", afirmou o presidente provincial coruñés, que destacou que o Pazo de Mariñán "é un punto de encontro, reflexión e debate sobre cuestións de relevancia para todos os cidadáns, entre elas as que teñen que ver con temas xurídicos e lexislativos que a todos nos afectan" e expresou o compromiso da Deputación de seguir apoiando estas xornadas.

A Constitución e a orde pública, e en concreto as novidades derivadas da entrada en vigor da Lei orgánica 1/2015 foron o fío condutor destas xornadas, nas que participaron destacadas personalidades do estamento xudicial como o presidente da Audiencia Nacional, José Ramón Navarro Miranda, o fiscal do Tribunal Supremo, Francisco Javier Muñoz Cuesta, o maxistrado da Sala Segunda do Tribunal Supremo, Cándido Conde-Pumpido, ou o fiscal de sala da Fiscalía Especial Antidroga, Ramón Noreña Salto.

social youtube xornalgalicia   feed-image