Do o 1 o 18 de setembro celebraráse en Holanda o campIonato mundial de salvamento deportivo, en dito evento 3 deportistas do Club Salvamento Arteixo mediránse a mais de 3.500 deportistas de todo o mundo, que se darán cita nas localidades de Noordwijk e Eindhoven.
Manuel Regueiro participará na categoría absoluta nas probas de nadar surf, táboa e oceanman.
Os xuniors Angel Couceiro e Aida Yañez farano na probas de sprint praia e bandeiras.
O evento contará con deportistas de mais de 50 países onde os principais favoritos son os australianos e neozelandeses, países onde o salvamento é un modo de vida.
Será o segundo mundial ó que acuda o club arteixan despois do de Francia no 2014. Ésta segunda experiencia internacional esperemos, veña cargada de éxitos.