MEDRA O PECHE DE EXPLOTACIOS POLA CRISE E OS GOBERNOS DO PPdeG ESTAN AUSENTES ANTES E AGORA

Información
Galicia | 12 Agosto 2016 | 2685 votos | Correo electrónico | Imprimir

O Gobernos galego e español, agora en funcións, veñen demostrando a sua incapacidade ou complicidade para que os sectores agrarios, especialmente os gandeiros, se desmoronen sen que poñan a maquinaria do goberno a funcionar para intentar remedialo. No caso do sector lácteo, con prezos por debaixo da media do estado, e por debaixo dos custes de produción, en moitos casos incluso por debaixo dos 20 céntimos de euro, que non leva a outra cousa que ó peche.

 

É un dato constatado que se acrecenta, e neste momento se acelera o ritmo do peche de explotacións no sector lácteo. A estas realidades, ás dúas, deben responder unhas Administracións que presumen de eficientes.

A promesa de axudas para a devolución dos créditos non sirve como solución para atallar o problema de fondo. Se non se toman ningún tipo de medidas encamiñadas a que os prezos que perciban as granxas cubran os custes de produción, e persistan no tempo, a desfeita no sector será irreversible.

Por esta situación, os gobernos, en funcións ou como queira que estean, se non o fixeron antes teñen que facelo agora, urxe que convoquen inmediatamente, a tódalas partes da cadea alimentaria de forma permanente, utilizando toda a maquinaria do goberno para acadar acordos para unha solución que sexa sostible en prezos. Isto é necesario para o sector lácteo, pero en xeral para todos os sectores da actividade agropecuaria, que ven como cada vez o traballo rende menos e a viabilidade das explotacións é cada vez máis difícil, en tanto as Administracións, e moi particularmente a da Xunta de Galicia, permanece na máis absoluta parálise.

Non é asumible que se predique que os produtores/as deban conformarse coas esmolas que poidan chegar de fondos europeos, sen atacar, no exercicio de competencias e responsabilidades propias, os problemas estruturais que azoutan aos diversos sectores, e moi particularmente aos gandeiros.

social youtube xornalgalicia   feed-image