O Presidente da Deputación acepta un "chiringuito" dos empresarios da construcción que contratan coa Diputación de A Coruña, sera legal pero pouco ético...Os que non lle pagan chiringuitos poden contrar coa Diputación, se preguntan..?

Información
Galicia | 30 Julio 2016 | 2402 votos | Correo electrónico | Imprimir

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta tarde na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APECCO) no ciclo de xornadas que está a desenvolver a entidade sobre a importancia do investimento público para creación de emprego. Ante estes comportamentos poucos éticos os pequenos autónomos en declaracións a este medio afirman que xa non perden o tempo en concurrir aos proyectos da Deputación por que e gastar cartos e perder o tempo ante os amiguismos e compadreo de chiringuitos que non poden financiar para contentar aos politicos de turno.
González Formoso analizou algúns dos plans de investimentos que a Deputación da Coruña está a desenvolver nos 93 concellos coruñeses e que, ademais de contribuír a mellorar numerosas infraestruturas e servizos municipais, serven tamén para o mantemento e a creación de novos postos de traballo na provincia.
Ademais dos 33 millóns do Plan de acción social, os 24,2 do POS, os 21,5 millóns de euros do PAI, os 5 millóns do Plan de Medioambiente ou os máis de 27 millóns que a Deputación destinou no último ano á mellora das estradas provinciais, o Goberno provincial ten previsto sacar ao remate do verán plans de mellora de infraestruturas deportivas e de conservación do patrimonio histórico para os 93 concellos coruñeses, con investimentos globais que alcanzarán os 30 millóns de euros durante o presente mandato. A previsión, segundo Valentín González, é manter este ritmo inversor mantendo a actual situación de débeda cero da institución provincial.
O presidente de APECCO, Diego Vázquez Reino, destacou a "aposta decida" da Deputación neste sentido, cun investimento de máis de 100 millóns de euros no último ano que supón unha "importante inxección para a economía e o emprego local" e demandou das administración "maior axilidade" nos procesos de licitación e contratación.
Segundo os datos de APECCO, cada millón de euros investido en obra pública duplica o seu valor en actividade económica e supón a creación de 18 postos de traballo directos.
Neste sentido, o presidente provincial apuntou que a creación de emprego é precisamente un dos obxectivos prioritarios da institución provincial no presente mandato, para o que o se está a implementar un novo Plan de emprego, que suporá un investimento de 28 millóns de euros no período 2016-2019, multiplicando por 7 o esforzo investidor que a Deputación viña realizando ata o momento neste ámbito, e que aspira á creación de máis de 3.000 novos empregos directos na provincia

social youtube xornalgalicia   feed-image