A nova xuíza da Escola Xudicial destinada

Información
Galicia | 27 Julio 2016 | 3661 votos | Correo electrónico | Imprimir

2 La nueva jueza en la imagen a la derecha del presidenteCristina Bustabad Pérez terá como primeiro destino o Xulgado de Instrución nº3 de Santiago

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza, Miguel Ángel Cadenas Sobreira, presidiu hoxe o acto solemne de xuramento-promesa ante a Sala de Goberno da nova xuíza destinada a Galicia procedente da última promoción da Escola Xudicial.

Cristina Bustabad Pérez, da 66 promoción da Escola e con praza como xuíza de apoio na provincia da Coruña, foi destinada ao Xulgado de Instrución nº3 de Santiago, órgano onde se investiga o accidente do Alvia, ademais de ser o competente en violencia sobre a muller.

Ao acto, ademais da Sala de Goberno, acudiu o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, maxistrados do TSXG e representantes dos colexios profesionais.

social youtube xornalgalicia   feed-image