Esta asemblea dá continuidade ás reunións provinciais que Podemos realizou a pasada fin de semana nas que participaron preto de cincocentos inscritas e inscritos e que serviu para recoller as demandas e propostas das bases de Podemos en temas como a democratización de En Marea, como integrar os movementos municipais dentro de En Marea, os sistemas de primarias e a elaboración do programa.
Carmen Santos continúa coa folla de ruta que se marca no documento político organizativo que referendaron as inscritas e os inscritos en Galicia o pasado mes de abril, e co que gañou as eleccións internas da formación morada en Galicia.