O goberno de Feijóo (PPdeG) logrou para Galicia un 31,4% das traballadoras e traballadores teñan uns ingresos anuais inferiores ao SMI

Información
Galicia | 14 Julio 2016 | 3016 votos | Correo electrónico | Imprimir
A CIG analiza a situación socioeconómica da provincia, caracterizada pola perda de poboación activa, destrución do tecido produtivo e o incremento das persoas en risco de exclusión
A Unión Comarcal da CIG de Lugo presentou este martes en rolda de prensa o Informe Sociolaboral da provincia, co que “clarificar a realidade de Lugo” moi afastada das optimistas cifras macroeconómicas “coas que desde os distintos gobernos nos intentan intoxicar a diario”. O documento revela un contexto dramático para o presente e o futuro de Lugo, “que agrava a situación xa precaria da provincia”.
 

A realidade sociolaboral reflectida no informe, elaborado polo Gabinete Técnico Confederal da CIG, revela unha situación dramática para a provincia, que ten “todos os indicadores negativos:  perda de poboación, increméntase o número de persoas desempregadas, e baixa a poboación activa, especialmente nos tramos de idade centrais”, denunciaba o Secretario Comarcal da CIG de Lugo, Antonio Niño. “Isto agrava a mala situación que xa viñamos arrastrando na provincia”, enfatizou.

A este respecto, Natividade López, autora do informe e responsábel do Gabinete Técnico Confederal da CIG, matizaba que con este estudo  non só se quere analizar a realidade socioeconómica actual, senón comprobar como a crise ten afectado á provincia de Lugo.

Menos poboación activa

A economista comezou destacando a preocupante perda de poboación e o seu avellentamento, que se ben é unha das características demográficas de Galiza nas últimas décadas, na provincia de Lugo supera calquera indicador nacional. Basta dicir dende o ano 2008 a provincia perdeu o 4,5% da súa poboación, o dobre da media galega.

En total, hai 16.163 habitantes menos, e como no resto do país, a maioría desta perda de poboación concéntrase na franxa de idade que vai dos 15 aos 35 anos. Fronte a isto, en 2015 o número de persoas con máis de 65 anos acadaba xa o 28.6%, preto dun punto porcentual máis que en 2008, e máis de catro puntos por riba da media galega.

López Gromaz alertaba que a baixada da poboación en idade de traballar ten un efecto directo no mercado laboral, pola caída da poboación activa. Neste senso, indicou que a evolución da poboación activa en Lugo caracterizouse por unha caída moi importante da poboación ocupada e un crecemento inferior da poboación parada. “Hai 20.600 ocupados/as menos que en 2008, pero só 14.600 desempregados/as máis; é dicir, son 6.000 persoas as que perden a ocupación, pero non pasan a engrosar as listas do paro”, sinalou.

E aínda que non se pode afirmar taxativamente, este é un dos indicadores da emigración. Como cifra a subliñar, dicir que dende o 2010, o número de persoas activas de menos de 35 anos reduciuse un 18%.

Perda de emprego, incremento das xornadas parciais e caída dos salarios

En canto á taxa de ocupación, Natividade López destacou que dende o inicio da crise, a provincia perdeu 20.400 postos de traballo, a maioría deles no sector primario (que en termos absolutos conta con 8.300 ocupados/as menos) e maioritariamente entre a poboación con menos de 35 anos, entre a que se reduciu o emprego un 32%.

Pero, ademais, neste período, na tendencia do mercado laboral galego, remodelouse a ocupación, destruíndose postos de traballo a xornada completa e incrementándose as xornadas parciais. Entre 2009 e 2015 reducíronse nun 12,2% as persoas contratadas a xornada completa, mentres que medraron un 11% as ocupadas a xornada parcial.

A figura do traballador/a pobre

De xeito paralelo, o número de contratos rexistrados creceu un 31% neste período. “A consecuencia é lóxica: medra a rotación e redúcense as horas traballadas”. O pasado ano foron 97.340 os contratos rexistrados na provincia, un máximo histórico. Destes, o 91,6% rexistráronse baixo algunha das modalidades de contratación temporal (6,5 puntos máis que no ano 2008), chegando os contratos de duración inferior a unha semana a supor o 33,8% do total.

Estas cifras manifestan ás claras a precarización e dualización do mercado laboral, cuxa consecuencia máis directa é a caída radical dos salarios. Tanto é así, que, segundo os datos da Axencia Tributaria (ano 2014), o ingreso salarial medio na provincia descendeu un 3,1% dende o inicio da crise

Para a CIG resulta altamente preocupante que o grupo de persoas asalariadas con ingresos inferiores á metade do SMI se teña convertido no máis numeroso da provincia, representando o 18,5% do total de asalariados/as, e cuns ingresos medios de 1.904 euros brutos ao ano.

Se a este colectivo lle sumamos as persoas asalariadas que perciben entre a metade e o SMI (12,9% do total), temos que o 31,4% dos traballadores e traballadoras por conta allea en Lugo acadaron uns ingresos durante o ano 2014 de, como máximo, o SMI. Así mesmo, dos datos da Axencia Tributaria tírase que o 65% das persoas con ingresos procedentes do traballo non acadaron o salario medio (16.724 euros) da provincia.

“Isto ten que ver co novo emprego que se crea e que dá lugar a unha nova categoría social: a do traballador/a pobre”, advertía Niño.

Incremento das persoas en risco de exclusión

Xunto a isto, a poboación desempregada medrou un 146% dende o inicio da crise. É de salientar que o 42% das persoas que se sumaron ao paro teñen máis de 45 anos e case a metade das traballadoras e traballadores sen emprego (o 48,5%) levan máis de dous anos no paro. Prodúcese polo tanto unha caída do número de persoas con dereito a percibir unha prestación, e dentro das prestacións son maioría agora as que perciben o subsidio fronte á prestación contributiva, que malamente lles permite sobrevivir.

Cómpre destacar que as persoas perceptoras da RISGA medraron un 188,6% neste período, mentres que, de media, o incremento en Galiza foi do 110,9%, “o que pon de manifesto o incremento das persoas con necesidades extremas na provincia”. A estas hai que engadir o medre do 60% do número de perceptores/as da Axuda de Emerxencia Social, cando na medida galega a suba está no 29,6%. “O incremento das persoas en risco de exclusión é moi superior á media galega”, advertiron.

Destrución do tecido produtivo

O Secretario comarcal da CIG de Lugo-A Mariña puña tamén o foco de atención na destrución do tecido produtivo: entre 2008 e 2014, na provincia desapareceron 1.236 empresas.

Co engadido de que neste período se agravou a atomización do tecido produtivo, xa que practicamente só medrou o número de empresas sen asalariados/as (62,4%), que xunto coas empresas que contan cunha única persoa asalariada, suman o 85,3% do total de compañías da provincia.

Fronte á crueza dos datos, Niño quixo pór unha nota positiva: Lugo é unha provincia con moitas potencialidades, pero para explotalas “precisamos doutras políticas económicas e laborais”. Neste senso, defendeu a necesidade de que Galiza teña soberanía para poder decidir e actuar naqueles sectores prioritarios para o noso desenvolvemento económico e social.

A CIG logra que o Xulgado de Ourense aplique o convenio do persoal laboral da Xunta a empregados/as de Seaga

A medida beneficia a 71 brigadistas, mais a central intentará que se estenda aos 500 operarios/as
12/07/2016
/avantar/2016 07 12 RoldaPrensaCeagaConvenioPersoalLaboralXunta
O Xulgado do Social número 3 de Ourense vén de decretar, resolvendo dúas das catro demandas interpostas pola Unión Local da CIG de Verín e A Limia en representación de 71 traballadores/as de Seaga, que os dereitos e deberes do persoal, ao carecer de convenio colectivo propio, deben de estar regulados polo convenio do persoal laboral da Xunta. A central xa anunciou que iniciará unha campaña para estender o efecto destas sentenzas, que aínda poden ser recorridas diante do TSXG, aos 500 empregados/as da compañía pública.
 
A CIG analiza a situación socioeconómica da provincia, caracterizada pola perda de poboación activa, destrución do tecido produtivo e o incremento das persoas en risco de exclusión
12/07/2016
/avantar/16-07-12 RP Informe provincia Lugo00
A Unión Comarcal da CIG de Lugo presentou este martes en rolda de prensa o Informe Sociolaboral da provincia, co que “clarificar a realidade de Lugo” moi afastada das optimistas cifras macroeconómicas “coas que desde os distintos gobernos nos intentan intoxicar a diario”. O documento revela un contexto dramático para o presente e o futuro de Lugo, “que agrava a situación xa precaria da provincia”.
 
O mércores 13 de xullo, ás 20 horas, diante do edificio do centro de artes da imaxe
12/07/2016
/avantar/FronteCGAI
A CIG amosa o seu apoio e chama a secundar a concentración convocada polos distintos colectivos audiovisuais galegos para este mércores, 13 de xullo, ás 20 horas, en contra do desmantelamento do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). A protesta terá lugar diante do propio edificio do CGAI, na Rúa Durán Loriga, 10.
 
Centos de traballadores/as participaron nas concentracións en Vigo, A Coruña e Lugo
11/07/2016
/avantar/2016 07 11 FolgaCentrosChamadasConcentracionVigo01
A nova xornada de folga convocada pola CIG nos centros de chamadas do país para reclamar un convenio xusto tivo un seguimento maioritario, xa que arredor do 70% do persoal secundou o paro na quenda de mañá, cifra lixeiramente superior na de tarde. Ademais, centos de traballadores/as participaron nas concentracións que tiveron lugar na Coruña, Vigo e Lugo.
A CIG denuncia que as cantidades que manexan as empresas son insuficientes para asumir gastos salariais e de funcionamento
13/07/2016
/avantar/Casa do Concello de Ourense
A CIG vén de alertar que as baixas ofertas presentadas ao concurso de adxudicación da axuda a domicilio e á dependencia do Concello de Ourense fan perigar o servizo. Dende a central nacionalista denuncian que as cantidades que manexan as empresas son insuficientes para asumir gastos salariais e de funcionamento e reclaman a municipalización do servizo se a concesión non garante o cumprimento da lei e do convenio colectivo.
 
"A súa memoria debe permanecer entre as xeracións que se incorporan á docencia, pois teñen no noso escritor un exemplo de referencia"
12/07/2016
/avantar/12-05-17 Letras Galegas 048
A CIG-Ensino manifesta que estamos ante unha perda irreperábel  pola súa contribución á nosa cultura e polo seu empeño permanente en prol da nosa lingua, para que acadase a normalización plena. A defensa do idioma foi a tarefa central da súa vida. Como narrador e como docente dedicou os seus esforzos a construír a literatura de noso e a formar nenos e nenas e profesorado no amor ao noso idioma.
 
A CIG entende que a decisión servirá para normalizar as relacións laborais na institución
11/07/2016
/avantar/Casa Concello Verin 1
A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Verín aprobou este venres, tras 10 anos de desavinzas, sentenzas xudiciais e bloqueo da negociación colectiva, dous acordos que, segundo a CIG, favorecerán a normalización das relacións laborais na institución local.
 
 
Coincidindo co xuízo contra os servizos mínimos impostos pola empresa no paro convocado no departamento de electrólise
12/07/2016
Coincidindo coa celebración do xuízo contra os servizos mínimos decretados por Alcoa Inespal para a folga do pasado decembro no departamento de electrólise, traballadores e traballadoras da fábrica concentráronse este mediodía diante dos xulgados da Coruña na defensa do seu dereito fundamental á folga.
 
A central iniciará tamén unha recollida de sinaturas para rexeitar a pretensión patronal de ampliar a xornada á fin de semana
07/07/2016
A federación de Industria da CIG rexistrou este martes un escrito na Confederación de Empresario de Ourense solicitando a convocatoria urxente da comisión negociadora do convenio do siderometal. Ademais, a central nacionalista iniciará unha recollida de sinaturas para rexeitar a pretensión patronal de amplar a xornada á fin de semana.
 
A CIG anuncia que presentará demanda polo despedimento do traballador que ocupaba a praza de proxeccionista
06/07/2016
Coincidindo coa xuntanza da Comisión de Persoal de Función Pública, CIG, CCOO, UGT e representantes do sector audiovisual galego concentrábanse diante da EGAP, para denunciar a pretensión do goberno do PP de amortizar prazas no CGAI e camiñar así cara o seu desmantelamento. Ao remate da Comisión representantes sindicais confirmaban que non se movera unha coma da proposta de RPT inicial, que implica a desaparición de 3 postos de traballo e o despedimento do traballador que ocupaba o de proxeccionista.
O Colectivo de Xubilados e Pensionistas da CIG exixe que se lles recoñeza de inmediato este dereito e se lles devolvan os cartos cobrados indebidamente
11/07/2016
“O criterio que vén mantendo esta Xestora respecto do non acceso dos pensionistas de Suíza  residentes en España ao dereito de asistencia sanitaria establecido na lexislación española é acorde coa lexislación comunitaria e debe manterse”. Esta é a resposta que vén de remitir a Secretaría Xeral do Instituto da Seguridade Social á demanda do Colectivo de Xubilados e Pensionistas da CIG de restitución do dereito á asistencia sanitaria gratuíta ás e aos emigrantes retornados de Suíza.
 
A central, que participou na concentración solidaria ás portas dos Xulgados de Vigo, amosou o seu rexeitamento á sentenza
07/07/2016
Representantes da CIG-Mar denunciaron hoxe ás portas dos Xulgados de Vigo, onde se celebrou unha concentración solidaria, a criminalización dos mariñeiros do sector do cerco “por loitar polo seu futuro”. A central rexeita a condena de seis meses de cadea imposta a cada un dos 16 traballadores acusados de desordes públicos durante as protestas celebradas na cidade en 2014 para reivindicar un reparto xusto da cota da xarda.
 
A Xerencia do CHUS, coñecedora desta actuación irregular, non ten adoptado ningunha medida
06/07/2016
A presidenta do Comité de Empresa do servizo de limpeza do Hospital Clínico, adxudicado a CLECE, vén de presentar unha denuncia perante a Inspección
Documentos
Informe_socioeconomico_Lugo.pdf
social youtube xornalgalicia   feed-image