O Concello ataca os verquidos ao mar en Carril co investimento de 190.336 euros dun novo bombeo

Información
Galicia | 17 Noviembre 2016 | 9245 votos | Correo electrónico | Imprimir
Hoxe mesmo dou comezo unha das obras máis importantes proxectadas este polo goberno municipal no marco do plan de mellora do saneamento local. Trátase do novo bombeo de augas residuais a instalar na Praza da Liberdade de Carril, unha actuación á que se destinan 190.336 euros e que ten como obxectivo acabar cos verquidos de augas residuais ás zonas marisqueiras e ao entorno do Parque Nacional de Cortegada
16.11.2016.- Espina e Delfín é a firma encargada de executar os traballos que teñen un prazo de execución de 4 semanas. A actuación resolverá os problemas que se estaban a repetir ata o de agora debido a que o vello bombeo colapsa cando chove debido á que ata a rede de residuais ían tamén a parar as augas pluviais. Isto facía desbordar o sistema que aliviaba o caudal directamente ao mar no mesmo paseo marítimo da Praza. O proxecto prevé a reposición do firme unha vez concluídos os traballos.
Aparte da renovación do bombeo que executa Espina, a actuación compleméntase con outras obras realizadas nas últimas semanas. En concreto coa de ampliación de capacidade dos colectores do saneamento entre a Rúa do Carme e a Praza da Liberdade, e coa que se está executando na Rúa Nova e Rúa Victoria e que consiste na instalación dunha rede independente de recollida de augas pluviais. A empresa Viaqua está realizando esta última actuación que supuxo un investimento de 34.027,09 euros. Actuación prioritaria polo contorno sensible a protexer
O goberno local considerou prioritaria a execución destas obras de mellora do saneamento tendo en conta que a súa execución repercutiría de forma moi positiva nos sensibles contornos de Cortegada, nas concesións marisqueiras de Carril e nas zonas de baño das praias da Concha-Compostela.
O executivo socialista financia a instalación do novo bombeo da Praza da Liberdade con parte dunha subvención da Deputación que o anterior goberno do PP pretendía destinar a instalación de xogos infantís nas praias. O equipo que preside Alberto Varela considera que o principal e máis urxente e resolver os problemas do saneamento para evitar que as praias e Carril segan rexistrando vertidos.
social youtube xornalgalicia   feed-image