Compromiso por Galicia pide ao presidente da Xunta de Galicia que abandone o silencio insultante ao que está sometendo ao Comité de empresa de Ferroatlántica e que reciba de xeito inmediato aos seus traballadores, e defenda o emprego da Costa da Morte e de Galicia diante da dirección da empresa, que acaba de confirmar os rumores que existían.
Desde Compromiso entendemos que agora Feijóo non se pode agochar detrás dos supostos rumores e ten que defender a non segregación das fábricas de Ferroatlántica e facer valer os acordos existentes neste eido.Reiteramos o noso apoio as demandas do Comité de empresa e pensamos que non se pode aceptar ningún tipo de chantaxe que poña en perigo o futuro laboral dunha comarca dun país.
Unha vez máis, a postura dos traballadores e da maioría social non ten o soporte de quen debería liderar as súas reivindicacións.