ANAPONTON TRABALLADORAS EXTEL CORUÑA Pontón traslada ás traballadoras de Extel as medidas para un colectivo de 8.000 persoas que cobran un salario medio de 800 euros/mes e prestan servizo a multinacionais con beneficios millonarios
A portavoz nacional, Ana Pontón, e o deputado pola Coruña Xosé Luís Rivas, trasladaron aos representantes dos e das traballadoras de Extel as medidas que o Bloque defenderá no Parlamento en canto arranque a lexislatura para dar futuro e estabilidade ao sector do telemarketing, que en Galiza da emprego a 8.000 persoas nunhas condicións laborais marcadas pola precariedade e polos baixos salarios.