Feijóo convertiu a Galicia na que mais recortou o gasto sanitario e a que mais cartos públicos envía a sanidade privada, unha orgía de convenios para enriquecer a uns poucos con a morte inducida de moitos

Información
Galicia | 09 Agosto 2016 | 2608 votos | Correo electrónico | Imprimir

politicaywebgratisacambiodecontratospublicosO Ministerio de Sanidade acaba de publicar que desde o iniciou da crise reduciuse o gasto sanitario público nun 11%, á vez que se incrementou o gasto privado nun 16%. Aínda que estes datos refírense unicamente ao diñeiro que os cidadáns poñen do seu peto para pagar prestacións sanitarias eliminadas da sanidade publica polo actual goberno (copagos, medicamentos, etc), e non teñen en conta os fondos que a sanidade pública destina a proxectos de Colaboración Público Privada como o Novo Hospital de Vigo, concertos como o de POVISA, compras de medicamentos e de material sanitario, etc., que tamén van a petos privados.

O avance da privatización é aínda máis preocupante en Galicia onde o orzamento sanitario público recortouse nun 18.3% (a CCAA con maior redución de gasto). Esta redución orzamentaria ha ter como consecuencias, ademais de obrigar a persoas e familias a pagar cousas que antes eran gratuítas (copagos), a reducir persoal sanitario (1.795 prazas na sanidade pública das que 513 foron prazas de médicos e 184 de enfermería), o que supuxo un 30.6% de recorte fronte a unha media do 7.9% no resto do Estado. Tamén se eliminaron camas hospitalarias (447 camas), mentres se incrementaron as listas de espera.

Ao mesmo tempo prosegue a política de desmantelamento e privatización do sistema sanitario do goberno popular que esta regalando a empresas multinacionais e fondos de investimento os recursos estratéxicos do SERGAS (laboratorio central, historia clínica e receita electrónicas, central de información e chamadas, loxística, compra de equipamentos, investigación, docencia, etc.), polo que podemos dicir sanitario público galego esta maioritariamente en mans privadas estranxeiras).

A utilización da Colaboración Público-Privada para construír o Novo Hospital de Vigo incrementou o seu custo de 450 a 1.400 millóns de euros (pese a reducir camas, servizos, quirófanos, etc) poñendo en risco a calidade da atención e ata a seguridade dos pacientes. Nesta mesma área renovouse o Concerto Singular co hospital privado POVISA, ignorando as advertencias do Consello de Contas, o que supoñerá pagar un canon anual de 75 millóns de euros malia que este centro teñen menos recursos humanos e materiais que os hospitais do SERGAS

Tamén prosegue a privatización do equipamento dos centros públicos mediante a figura do "socio tecnolóxico" (que permite ás empresas que fabrican os aparellos decidir os equipos que compran os hospitais), e da investigación sanitaria (a través dos Institutos Biomédicos de Investigación dos hospitais públicos do Sergas, de xestión empresarial nos que participan as multinacionais farmacéuticas).

En resumo a Xunta de Galicia de Núñez Feijoo segue desmantelando e privatizando a Sanidade Pública, o que deixará unha grande hipoteca para o país e os gobernos futuros, que deberán asumir os enormes compromisos económicos contraídos coas empresas adxudicatarias e obrigase a poboación galega a pagar boa parte da atención. Esta política ademais de incrementar a desigualdade, está deixase fose aos colectivos de menos recursos económicos, que empezan a ser maioritarios.

Desde a nosa Asociación facemos un chamamento a todos os partidos progresistas a realizar os esforzos que sexan necesarios para desaloxar ao PP do goberno da Xunta. A nosa sanidade non resistirá catro anos máis de Núñez Feijoo.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

social youtube xornalgalicia   feed-image