Carmen Santos: “A patria de Podemos é a xente”

Información
Galicia | 25 Julio 2016 | 4000 votos | Correo electrónico | Imprimir

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, celebrou o día nacional de Galicia na súa parroquia natal de Queiruga, en Porto do Son, rodeada da súa familia, amigos e compañeiros dos círculos do Barbanza.

Carmen Santos quixo resaltar o traballo realizado polas forzas da esquerda nacionalista desde que en 1919  - a maioría das veces no exilio ou a clandestinidade enfrontándose á represión - impulsouse a celebración deste día como referente nacional. “Podemos Galicia non soamente admira e recoñece o traballo desta xente senón que apoia a celebración deste día e tamén consideramos que debemos seguir celebrandoo con ese valor simbólico que ten máis que nunca en 2016”

A secretaria xeral de Podemos Galicia tamén sinalou a aposta de Podemos polo estado plurinacional “Nos creemos na creación dun estado plurinacional, pero nun estado plurinacional que pon o centro das suas políticas non soamente na defensa do territorio, senon na defensa da xente que vive nel porque consideramos que ten que construirse un estado xusto, igualitario e equitativo”-

A nosa patria é a xente

Carmen Santos remarcou una vez máis que “a patria de Podemos é a xente”. “A nosa patria son os mariñeiros, son os gandeiros, é o personal da sanidade, e o persoal do ensino, e a xente que traballa nas pequenas empresas, son os autónomos, son os empregados do fogar, e a xente que non traballa, e a que quere traballar e queremos que todo o mundo poda ser participe dun día que e tan importante para nos  e mais neste ano 2016 que vai a ser outra vez clave na historia de Galicia cun novo cambio político e una revolución democrática que se ven dando dende 2014”

social youtube xornalgalicia   feed-image