Nenos rusos afectados polo accidente da central nuclear de Chernóbil coñecen o Pazo de Mariñán

Información
Galicia | 23 Julio 2016 | 3300 votos | Correo electrónico | Imprimir

Un grupo de nenos e nenas procedentes da rexión rusa de Briansk, cercana á antiga central nuclear de Chernóbil, e as súas familias de acollida durante este verán en diversos concellos galegos, visitaron durante a xornada de hoxe o Pazo de Mariñán, invitados pola Deputación da Coruña.

Os nenos foron recibidos polo deputado provincial e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, que lles deu a benvida á Coruña e destacou o "gran traballo solidario" que dende hai vinte anos ven desenvolvendo a ONG Ledicia Cativa traendo a uns nenos que proceden de casas de acollida e familias tuteladas pola Federación Rusa a pasar os meses estivais en Galicia, o que lles permite estar nun ambiente natural e non contaminado, e mellorar a súa alimentación e a súa saúde.

A Deputación da Coruña colabora coa entidade cunha subvención económica de 10.000 euros, que Ledicia Cativa destina a traer a 25 pequenos que convivirán con familias coruñesas de acollida ata finais do mes de agosto. Outros 40 rapaces e rapazas entre os 6 e os 18 anos aloxaranse tamén este verán nas outras provincias galegas.

Ademáis dunha visita guiada ás dependencias do histórico pazo bergondés, os pequenos disfrutaron do almorzo e dunha xornada soleada ao aire libre nos xardíns de Mariñán.

social youtube xornalgalicia   feed-image