Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Besteiro esixe a destitución de Diego Calvo e reclama a Rueda que defenda a Vigo tras a "chanchullada"

Información
25 Marzo 2025 - Vigo - Correo electrónico - Imprimir 426 votos

Besteiro_1.jpeg

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2025. O secretario xeral do PSdeG e voceiro do Grupo Parlamentario Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este martes no Parlamento de Galicia o rexistro dunha proposición non de lei que insta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a que “apoie a petición do Concello de Vigo esixindo á Federación Española de Fútbol a publicación de todos os criterios e puntuacións das candidaturas presentadas” ao Mundial 2030. Ao tempo que reclamou a destitución inmediata do conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, tras facer afirmacións “gravísimas e intolerables” sobre a exclusión da cidade.

Besteiro lembrou que Diego Calvo, nunha carta oficial remitida ao alcalde de Vigo, afirmou literalmente:

“Sentimos que as posibles carencias que puidese ter a proposta olívica xunto coa ausencia de influencia do Goberno local, non permitisen a Vigo pasar o corte.”

Unhas palabras que, segundo denuncia Besteiro, recoñecen abertamente que a selección das sedes non se fixo en base a criterios técnicos ou obxectivos, senón á influencia política, algo que “desacredita por completo o proceso” e deixa en evidencia que Vigo foi prexudicada polo sistemático enfrontamento do PP coa cidade.

 

A iniciativa tamén dirixe a súa atención ao actual presidente da Real Federación Española de Fútbol -expresidente da Deputación de Pontevedra co PP-, Rafael Louzán, de quen se sinala que fixo pública a exclusión de Vigo “antes de calquera tipo de comunicación oficial ao Concello” e sen publicar os supostos criterios aplicados.

 

Para os socialistas, trátase dunha actuación “inaceptable, que evidencia a opacidade coa que se moveu todo o proceso e a falta de respecto institucional cara unha cidade como Vigo”.

O texto rexistrado tamén insta á Xunta a esixir explicacións inmediatas a Louzán e a reclamar a entrega de “toda a documentación e actas asinadas electronicamente sobre o proceso de selección das candidaturas”.

 

A isto súmanse as revelacións do xornal El Mundo, que apuntan a que a Federación “manipulou as puntuacións do Mundial 2030 para deixar fóra a Vigo e meter a Anoeta”. Segundo esas informacións, Balaídos acadaba no informe técnico inicial o posto 11, suficiente para ser sede, pero 48 horas despois a puntuación foi alterada sen explicación coñecida. Ademais, ignoráronse criterios recomendados polo Goberno de España como a proximidade con Portugal.

social youtube xornalgalicia   feed-image