Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

PEDRO SÁNCHEZ SUBLIÑA O APOIO AO PSdeG “PARA DARNOS O GUSTO DE ACABAR CO GOBERNO DO PP E ABRIR UNHA NOVA ETAPA DE CAMBIO EN GALICIA”

Información
17 Septiembre 2023 - Galicia - Correo electrónico - Imprimir - 11774 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

Formoso Pedro Sánchez 170923 01

O presidente do goberno en funcións carga contra o “dislate” de Feijóo, que convoca unha protesta en contra da presidencia do PSOE dous días antes de que se celebre a súa propia investidura “para ser elixido xefe da oposición”

Formoso traslada o apoio pechado ao candidato socialista para reeditar o goberno progresista en España: “fai o que teñas que facer”

 

Oroso, 17 de setembro de 2023. O presidente do goberno en funcións e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, ratificou hoxe o seu apoio para impulsar o cambio de goberno en Galicia. Sánchez interveu na XII Festa Socialista de Galicia xunto co secretario xeral do PSdeG, Valentín Gónzalez Formoso e a presidenta do partido, Carmela Silva, diante de máis de 2.500 militantes reunidos en Oroso.

 

Sánchez subliñou o apoio do PSOE para “darnos o gusto de rematar co goberno do PP e abrir unha nova época de cambio e avance en Galicia” grazas ao PSdeG e “mal que lle pese á dereita”. Sinalou que a de Galicia será a segunda etapa do horizonte político que se abre en setembro e que comezará coa consolidación do goberno progresista en España.

 

O responsable socialista cargou hoxe contra o “dislate” de Feijóo e a manifestación contra o futuro goberno progresista convocada “por indicación de Aznar” e mesmo antes de que se celebre a súa propia” investidura. Lamentou que o candidato do PP “non se presenta para ser xefe do Goberno, senón para ser xefe da oposición”, o que será, dixo, unha “magnifica noticia para España”.

 

Criticou a súa designación como candidato dera paso a unha “descomunal perda de tempo da investidura de Feijóo e da súa mentira”. Sinalou neste sentido que “España non se rompe: España bosteza”, e reclamou “tarxeta vermella por perda deliberada de tempo dun candidato do PP que, dixo, “pensabamos que daba para máis”.

 

Censurou os bandazos do ex presidente da Xunta, que despois de ser designado pasou de pactar con Vox a intentar o acordo co PNV e ata co propio PSOE para derrogar o sanchismo. Amosou a súa sorpresa logo de confirmar que “despois de criticar que falemos con Junts descubrimos que eles mesmos estiveran falando con Junts ás agochadas”.

 

En definitiva, avogou por que Feijóo pase á oposición, o que permitirá un goberno “que siga catro anos máis subindo as pensións e o SMI, que continúe dignificando aos traballadores e traballadoras, que estea comprometido co feminismo e coa emerxencia climática e que garanta o avance dos dereitos e liberdades”.

 

Apoio pechado

 

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, interveu en nome dos socialistas galegos para ratificar o apoio pechado ao candidato socialista, a quen lle dixo que “fai o que teñas que facer” para reeditar o goberno progresista. Fixo unha chamada a apostar por “dialogar e construír”, polo que recordou que “a xente votou que quere diálogo, non confrontación”.

 

O tamén alcalde de As Pontes subliñou que a pesares de que “todos os poderosos buscaban que Pedro -Sánchez- non gobernara, a xente ten voz propia” e entende que “o espírito da transición é perdoar, é sentarse co que pensa diferente para deseñar un país mellor”.

 

“Se fora polos mesmos que din que se rompe España, Zapatero non tería rematado co terrorismo coa súa valentía”, apuntou Formoso, para engadir que son as actuais xeracións de políticos os que teñen “a obriga de escribir as novas páxinas na historia, non podemos vivir do pasado”. Polo que sinalou que “todos e cada un dos de nós somos felipistas, zapateristas e pedristas, pero sobre todo somo socialistas, por iso fai o que teñas que facer en nome deste país, desta sociedade que ten toda a esperanza posta en ti”.

 

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, deu a benvida a toda a militancia socialista, así como a un Pedro Sánchez ao que agradeceu especialmente o seu impulso a que se empregue o galego de xeito oficial nas Cortes Xerais e no Parlamento Europeo. Formoso definiu a Galicia como “un país con identidade propia, con cultura propia e cun símbolo que é a lingua galega”. Así mesmo, advertiu a Rueda de que “a historia o vai a xulgar” por frear o impulso do galego.

 

O líder dos socialistas galegos reivindicou a importancia desta celebración que se realiza por duodécima vez, na que se reúne a militancia de toda Galicia nun evento “imprescindible para mandar unha sinal de esperanza á sociedade galega”. Xa que remarcou que “precisamos vernos, estar unidos ante unha dereita que quere acabar cos avances”.

 

Unha dereita do PP que ve asimilada coa extrema dereita en Galicia. Para Formoso, o principal obxectivo dos populares galegos é evitar que entre Vox na comunidade autónoma, o que lles leva a ter o mesmo discurso ca eles. Por elo, o mandatario socialista lembrou que “no goberno de Galicia hai xente que nega a violencia de xénero, o cambio climático” e que poñían en dúbida as vacinas contra a covid, “hai xente no goberno de Galicia de extrema dereita”, apuntou.

 

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, comezou a súa intervención reprochando “un tal Feijóo” que coincidiu en Galicia durante a xornada do domingo, ao que reprochou que “teñen a desvergonza de gobernar con Vox, que negan a liberdade das mulleres e a existencia da violencia contra elas”.

 

Silva agradeceu tamén a Pedro Sánchez o seu traballo á fronte do goberno, “ninguén fixo tanto por Vigo, Lugo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Ourense, Meis, Silleda, nunca ninguén fixo tanto por Galicia”. “Que orgullo ser socialista, ter escrito as mellor páxinas da historia de Galicia e de España que imos seguir escribindo”, apuntou a socialista.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV