A residencia de maiores de Taboadela atópase en perigro debido ao deterioro das súas instalacións, porén a Administración Autonómica ( Consellería de Política Social) xunto coa Administración Local (concello de Taboadela), declinan asumir as responsabilidades das obras necesarias para garantir a seguridade e benestar dos nosos maiores.
Desde fai meses a CIG e a dirección do centro de Taboadela ven alertando a Administración das condicións precarias nas que se atopa este edificio, con filtracións, problemas estructurais e falta de mantemento xeneralizado, a Administración Pública xunto coa Inspección de Servizos Sociais fan caso omiso estas preocupacións poñendo en risco a integridade física e emocional dos/as residentes.
Onde se atopan os dereitos dos nosos maiores?, O trato digno independentemente de calquera circunstancia persoal ou social, o dereito a ser valorada, independenetemente das súas condicións económicas, a vivir en contornas seguras e adaptables as súas preferencias e as súas capacidades en continuo cambio e, en definitiva, ao respecto dos seus dereitos e liberdades.
É imperativo que as autoridades competentes interveñan de maneira urxente para poder realizar as obras precisas en dito centro. A falta de acción pola Administración é inaceptable e pon en evidencia unha neglixencia alarmante. Isto pon de manifesto a “deixadez da Administración pola creación e mantemento de residencias públicas”. Hai tempo, dende o ano 2009 as novas residencias que se fixeron son xestionadas por empresas privadas, financiadas na súa maioria por Amancio Ortega. Cal é o interese oscuro do desmantelemento do servizo público?, que busca facilitar o envellecemento saúdable como recurso preventivo, brindando cuidados profesionais.
Pese a todo o anterior a CIG non claudica e recurriu incluso a Valedora do Pobo fronte este desleixo por parte da Administración, e a súa contestación confirma o mal estado das instalacións e a falta de medidas adecuadas tanto por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar como do Concello. Ademáis deixa claro que son “as Inspeccións “, neste caso a Inspección de Servizos Sociais un medio imprescendible para asegurar o correcto funcionamento das residencias tendo que ser estes suficientes, exhaustivos e eficaces.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- Marina Ortega “intolerable” comportamento do alcalde de Ourense
- O alcalde de Ourense é absolto do delito leve de maltrato que lle imputaban por empuxar unha manifestante
- Silvia Fraga, reprobou un feito “gravísimo” dende unha dobre vertente “moral e legal” e condenou as actitudes “reiteradamente misóxinas e machistas” do alcalde Jácome