Dese hai anos o Goberno Galego vén recorrendo á Colaboración Privada co argumento de que esta permite mellorar a eficiencia e reducir o gasto en Sanidade Pública, aínda que a realidade é outra:
1. Recorrer á Colaboración Publico Privada para construír o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tivo un sobre custo de 470 millóns de euros, a pesar do recorte dun 35% no proxecto. A concesionaria privada recolleu os inxentes beneficios e posteriormente vendeu o hospital galego ao fondo de investimento francés Meridiam
2. Ademais do incremento do negocio das empresas privadas a Xunta do PP tiña outro obxectivo estratéxico, blindar o concerto con Povisa para a atención sanitaria de 139.000 persoas da Área Viguesa. Por iso recortou o proxecto inicial en 400 camas, as mesmas do hospital privado, que recibe 75M de euros públicos cada ano
4. O Hospital Povisa, tamén en mans dun fondo de investimento francés, ten un 30% menos de persoal por cama e non oferta numerosos servizos sanitarios, e cada vez mais usuarios se integran na sanidade pública (20.000 nos últimos anos). O concerto con Povisa acaba de caducar, teoricamente sen posibilidades de prórroga, pero a Xunta o prorrogou igualmente, inicialmente ata decembro, por 28 M de euros
3º. Para o anterior presidente Núñez Feijoo a Colaboración Público-Privada era tamén Público-Familia-Amigos/as: A prima de Alberto Núñez Feijóo, Eloína Núñez, ex xerenta do hospital público de Santiago, concedeu contratos do Sergas a Eulen, empresa que dirixía en Galicia a irmá do presidente do PP, Micaela Núñez Feijóo. Habería que recordar que a anterior Xerenta do SERGAS é irmá do Director da patronal de hospitais privados AHOSGAL.
A xestión da sanidade pública da Xunta do PP é nefasta, xa que mentas cunha man xera un sobre custe de 1.200 M de euros en 10 anos na sanidade viguesa, con respecto ao proxecto inicial (sobre custo de Cunqueiro + concerto con Povisa), coa outra permite a venda dos hospitais a fondos de investimento estranxeiros
Estas son as consecuencias da chamada colaboración público-privada na sanidade pública que na AGDSP levamos anos rexeitando e que agora tamén denuncia o Consello de Contas.
Esiximos a elaboración dun plan urxente para blindar a sanidade pública de Vigo que debe pasar por o incremento na contratación de persoal sanitario para a utilización intensiva do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e do hospital Meixoeiro, mentres se elabora un plan funcional para a ampliación do Cunqueiro que permita prescindir do concerto singular de Povisa, con condicións sanitarias non homologables ao resto dos hospitais públicos galegos. Seguiremos denunciando o nepotismo do PP de Galicia, que beneficia de modo descarado a privada e prexudica claramente a Sanidade Pública Galega.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública