Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

NON DEBERIA PASAR, PERO PASA.

Información
24 Noviembre 2022 - Noticia Destacada de Galicia 18882 votos - Correo electrónico - Imprimir

"Vístete coas mallas de deporte.
Vai correr pola noite.
Que sucede agora?
NON DEBERÍA PASAR,
PERO PASA."


Esta é a campaña da Xunta polo 25N, o día internacional contra a violencia machista.
Unha campaña que parece dirixida ás nenas e mulleres do tardofranquismo.
É doado concluir que se non vestimos mallas de deporte e non botamos a correr pola noite, non imos ser víctimas da violencia machista, da violencia causada por ser muller e livre. Eis,no fondo o que a Xunta de Galicia quería dicirmonos é:
"Vístete coas mallas de andar por casa.
Vai preparar a cea de teu home.
Que sucede agora?
NON PASA,
PERO DEBERIA PASAR."
Malia a teimar en culpar ás víctimas, por riba esquecen as estatísticas de violencia contra as mulleres que alertan de que o perigo está maioritariamente no entorno habitual da muller, na casa, dentro da propia familia ou de seu grupo de amizades. Deberiamos vivir soas, isoladas ou só en comunas de mulleres?. Ou teriamos de vestir hábitos nalgún mosteiro de freiras, mais nos daqueles dúplices medievais?.
Pero o perigo está tamén no entorno de traballo. Que sucede agora? Deberiamos tamén renunciar ao traballo remunerado (de cote pior remunerado que o dos homes).
É grave, gravísimo, que desde as institucións se alente, outravolta, a idea de que os depredadores, os homes violentos só actúan con nouturnidade e alevosía nas rúas. (Lémbrame A casa e o mundo de Tagore) É grave, gravísimo, que se insinúe, unha vez máis, que as víctimas son as culpabeis. É grave, gravísimo, que a política de igualdade encarrile as mulleres a vivir tuteladas de por vida. E nada menos que tomando como escusa unha realidade social da que a propia política é responsabel.
E se nos vestimos de buzo de traballo para correr ou mellor de home bragado? E se nos atiborramos de cursiños acelerados 25N de defensa persoal acelerada? Poderiamos ir correr pola noite? Poderiamos ir correr ou camiñar soas polo día a lugares soedosos? Así ao tolo, sen escolta?
Vístete coas roupas de inmigrante. Vai paterar pola noite. Que sucede agora? Non debería pasar, pero pasa.
Concertinas, esmagamentos, afogados, acoso, xenofobia, devolución en quente…
Vístete coas roupas de Qatar.
Vai futbolear pola noite. Que sucede agora? Non debería pasar, pero pasa.
Vístete coas roupas do Sahel.
Vai fuxir do saqueo pola noite. Que sucede agora? A dixitalización e a televida necesita os últimos recursos do planeta. Non debería pasar, pero pasa.
Xunta de Galicia. Política de igualdade. A política dos feitos consumados.
NON DEBERÍA PASAR, PERO PASA.

IOLANDA TEIXEIRO REI
FERROL

social youtube xornalgalicia   feed-image

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal