vinculados a feijoo pretenden cerrar Xornal Galicia a base de querellas criminales y meter en la carcel a su director

 

Información
Noticia destacada de Galicia

Sonia Vidal escollida para formar parte do Comité Coordinador da Vía Campesina en Europa

Información
Galicia 27 Marzo 2019 2539 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

01 Sonia VidalSonia Vidal Lamas, gandeira de Xunqueira de Ambía (Ourense) que forma parte da Executiva do Sindicato Labrego Galego, vén de ser escollida para formar parte do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina (European Coordination of Via Campesina-ECVC). A elección tivo lugar na Asemblea Xeral da ECVC, que se desenvolveu o 25 e 26 de marzo en Bruxelas, e na que participaron 27 organizacións agrarias de 17 países europeos que forman parte da Vía Campesina no vello continente. Sonia Vidal ocupará esta responsabilidade durante os dous vindeiros anos, sendo prorrogables até en tres ocasións e podendo sumar un máximo de oito anos no desempeño das súas funcións.

 

Dende o Sindicato Labrego Galego decidimos presentar a candidatura de Sonia Vidal porque vimos a necesidade de afondar en cuestións como a igualdade de xénero, tanto dentro das organizacións que forman parte da ECVC, como no propio agro. Neste senso, Sonia Vidal contará coa experiencia de décadas desenvolta pola Secretaría das Mulleres do SLG en loitas como a titularidade compartida nas explotacións ou en feitos como a paridade dentro do propio sindicato, co obxectivo de facer do feminismo e da igualdade algo transversal nas organizacións agrarias da ECVC.

A maiores, Sonia Vidal afronta esta nova etapa con temas en axenda como a reforma da Política Agraria Común (PAC), a agroecoloxía, o acceso á terra, as políticas públicas no rural, etc.

Xunto a Sonia, foi escollida tamén para renovar o Comité Coordinador da ECVC Alessandra Turco, da Assoziacione Rurale Italiana (ARI), e reelixido Xosé Miguel Pacheco, da Confederação Nacional de Agricultura (CNA) de Portugal. Ademais, dúas novas organizacións agrarias se uniron ás 27 que xa formamos parte da ECVC: Talamh Beo, de Irlanda; e HSPE, Alianza de Asociacións de Agricultura Orgánica, de Croacia

 


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago Ana López-Suevos Fraguela emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 50.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE DOS AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+