O Xardín das pedras que falan incorpora a Valle-Inclán, Bernardo Atxaga, Marta Pessarodona, Kerstin Hensel e Zéno Bianu
O Xardín das pedras que falan incorpora a Valle-Inclán, Bernardo Atxaga, Marta Pessarodona, Kerstin Hensel e Zéno Bianu
Información
19 Marzo 20194856 votos - Registrate para votar
O reitor e o alcalde nun momento do descubrimento das cinco novas pedras. Foto: Servimav-USC
Valle-Inclán, Bernardo Atxaga, Marta Pessarodona, Kerstin Hensel e Zéno Bianu acaban de incorporar a súa obra ao Xardín das pedras que falan, unha colaboración entre a USC e o Concello localizada a carón do Colexio de Fonseca. Por cada un dos novos autores/as descubriuse unha pedra cun breve fragmento da súa autoría que pasarán agora a conformar unha espiral de palabras iniciada a mediados do pasado ano con Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza. De forma progresiva, iranse incorporando diferentes rochas ata alcanzar un total de 40.
No acto deste luns 18 participaron ademais do reitor Antonio López Díaz e do alcalde Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; os escritores Zéno Bianu e Bernardo Atxaga; Xaquín Valle-Inclán, o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González Millán; e o promotor do proxecto, o escritor Suso de Toro.
O reitor Antonio López mostrouse satisfeito coas novas cinco incorporacións do Xardín, “unha brillante iniciativa” que agora “enriquece o seu legado” e amplía o abano de linguas presentes co catalán, vasco, francés e castelán. “Agardamos –engadiu o reitor- que estas verbas nos sigan falando ao corazón de aquí para adiante”.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)