Información
Noticia destacada de Galicia

2,1 millóns adquiriron a nacionalidade española, aínda que naceron noutro país.

Información
Galicia 15 Enero 2019 369 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O SJM publica o informe sobre "Poboación de orixe inmigrado en España" do pasado ano 2018
 O Servizo Jesuita a Migrantes publica este estudo sobre a poboación migrante no noso país a partir de datos recolleitos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e o Observatorio Permanente da Inmigración (OPI).
 En 2018 un 9,78% (uns 4,5 millóns) da poboación residente eran estranxeiros, mentres que un 3,5 % (2,1 millóns) tiñan nacionalidade española, aínda que naceran noutro país.

O Servizo Jesuita a Migrantes (SJM) publica un novo informe no que se denomina "poboación de orixe inmigrado" á suma de persoas residentes en España (contabilizadas pola súa inscripción no padrón municipal de habitantes) que naceron no estranxeiro, ata cando teñan nacionalidade española, e de persoas nadas en España que non teñen a nacionalidade.


 A poboación total en España en xaneiro de 2018 era de 46.658.447 persoas. Un 90,22% delas tiña nacionalidade española (case 42,1 millóns). Do 9,78 % (máis de 4 millóns e medio) restante de poboación estranxeira residente, un 4,14 % (1,93 millóns) tiña orixe nalgún dos Estados membros da Unión Europea. Un total de 14,4 % da poboación nacera no estranxeiro, o grupo ao que chamamos poboación de orixe inmigrado, pero algo máis do 3,5% delas xa obtivera a nacionalidade española.
 En canto á variación anual respecto de 2017, apréciase un crecemento da poboación total e daquelas persoas nadas no estranxeiro, o que confirma unha prolongada recuperación de n.º de persoas migrantes residentes iniciada en 2015. Con todo, diminúe a cifra de persoas nadas en España e noutros países da UE.
 Con todo, ao comparar as cifras de poboación residente coa da poboación estranxeira que dispón dalgún permiso de residencia, facilitados polo OPI, obsérvanse importantes aspectos: que a cifra de titulares de tarxeta de residencia sexa inferior á de persoas residentes suxire que hai poboación en situación administrativa irregular; cando, pola contra, é superior, suxire que hai persoas que manteñen o permiso español ata cando residen en terceiros países.
 É moi interesante correlacionar ao longo do tempo as cifras de poboación residente nada nun determinado país, coa que ten a nacionalidade dese país, e as cifras de nacionais titulares de tarxeta de residencia. En moitos casos, percíbese a perda de poboación ao longo dos anos de crises e a recuperación iniciada en 2016. Noutros casos intúese a importancia das adquisiciones de nacionalidade española por residencia.
 O SJM cre que o estudo e a apreciación das cifras sobre poboación migrante axuda a previr falsas imaxes sobre o fenómeno migratorio, inducidas por sobrecarga de información mediática ou pola vehemencia do debate político. Un coñecemento profundo da realidade axuda a suscitar os verdadeiros retos para a convivencia, os que tocan á cidadanía e os que corresponden aos poderes públicos.

 Se puede consultar en este enlace: https://sjme.org/publicacion/informe-de-poblacion-de-origen-inmigrado-en-espana-ano-2018/">https://sjme.org/publicacion/informe-de-poblacion-de-origen-inmigrado-en-espana-ano-2018/

Otros articulos relacionados.....
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)