Información
Noticia destacada de Galicia

A Feijóo escápaselle o control dos lumes ou ¡¡¡ serán intencionados !!! En O Savinhao deron coa solución..

Información
Galicia 15 Enero 2019 784 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Si non hai gripe, non se vende o frenadol, e si non hai pateras non hai fondos europeos da inmigración,. igualmente si non hai incendios non hai fondos europeos de rexeración nen repoboación de eucaliptos para as famentas bocas das pasteiras de papel dos grandes podervos da economía de Galicia que controlan catro amigos de Feijóo.

SOLICÍTASE A CREACIÓN DUNHA ORDENANZA MUNICIPAL QUE PROHIBA A PLANTACIÓN DE EUCALIPTO NO SAVIÑAO

3. É una especie pirófita que acelera a extensión dos lumes, o que supón un serio risco tendo en conta o incremento dos incendios que estamos a ver nestes últimos anos.

Tras horas e dias de lume a cero grados o domingo, dábase por extinguido un incendio na parroquia de Pentes, na Gudiña.

 En total, varias hectáreas de monte raso calcinadas e listas para o negocio do eucalipto e solicitude de fondos europeos, sumándose así ás xa máis de 800 que arderon na provincia en menos de 10 días deste 2019, desde o 1 de xaneiro, Medio Rural rexistrou 70 avisos de incendios só en Ourense, dos que a administración confirmou como lumes 46 dos que, 11 tiveron máis dun foco simultáneo, unhas cifras e datos que Europa agradece como un cheque en branco de fondos europeos.

 Chandrexa de Queixa, Viana do Bolo ou A Mezquita entre os menos controlados por falta de persoal algo común ás urxencias sanitarias do goberno do PPdeG https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=2279876785358459&id=100000084803509

 Amadeo Ferreiro, axente forestal do Distrito Forestal XII Miño-A Arnoia, afirma ao diario A Rexión que: "Non son incendios producidos por efectos naturais, teñen detrás unha clara intencionalidade".

 Detrás, moitas razóns e todas elas baixo a corrupción.

Cita;

SOLICÍTASE A CREACIÓN DUNHA ORDENANZA MUNICIPAL QUE PROHIBA A PLANTACIÓN DE EUCALIPTO NO SAVIÑAO. Na pasada semana rexistramos no concello a solicitude para que se trate a posibilidade de crear unha Ordenanza municipal que " blinde " e protexa ó noso municipio das tentativas de iniciar plantacións de eucalipto, reforzando así o decreto da Xunta de decembro do 2016 que prohibe esta especie na área forestal VIII.

Asemesmo entregóuselle aos tres partidos politicos da corporación a iniciativa, para que sexa tratada e debatida no próximo Pleno municipal. Tamén solicitou a asociación a integración na inminente Plataforma comarcal contra o eucalipto, que se está a formar para concentrar a loita contra esta especie invasora, e para servir de canle de denuncia na comarca de Lemos.

 Adxuntamos petición: A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Alcaldía e aos tres partidos políticos que configuran a Corporación Municipal, coa intención de solicitar a creación dunha ordenanza municipal que prohiba a plantación do eucalipto no territorio municipal.

Dado que se están observando pequenas plantacións recentes de eucaliptos en distintos lugares do municipio, pese á existencia dun decreto da Xunta de Galicia de decembro do 2016, no que se prohibe a plantación desta especie na área forestal VIII, á que pertencemos, dende a nosa Asociación consideramos que o Concello debe esixir o cumprimento do decreto e velar polos intereses do conxunto da veciñanza fronte aos intereses económicos individuais. O rexeitamento da plantación de eucalipto no noso municipio obedece ás seguintes razóns:

 1. Trátase dunha especie foránea que ocasionaría a modificación da paisaxe e do ecosistema da comarca, alteraría a fauna, suporía a destrución dos nichos biolóxicos e acabaría cos aproveitamentos forestais tradicionais.

 2. É una especie invasora de moi rápida expansión, que en poucas décadas tería colonizado o territorio.

 3. É una especie pirófita que acelera a extensión dos lumes, o que supón un serio risco tendo en conta o incremento dos incendios que estamos a ver nestes últimos anos.

 4. Provoca a desecación do chan e o agotamento das augas soterradas, causando o empobrecemento irreversible do solo, e contribuíndo a aceleración do catastrófico cambio climático.

A oferta tentadora dos supostos beneficios económicos contrasta coa rendibilidade real e mellorable que están a ofrecer moitas especies autóctonas e tradicionais, que son as que realmente deberían potenciarse pola súa adaptación e integración no ecosistema, como son o carballo, o castiñeiro, a nogueira, o bidueiro, a abelaira, a mazaira, a pereira, a figueira, o marmeleiro, o érbedo, etc.

Por todas estas razóns consideramos que é necesaria unha ordenaza municipal que determine dunha maneira inequívoca a prohibición da plantación do eucalipto, o que viría a reforzar no espazo municipal o decreto da Xunta que xa existe prohibindo este tipo de plantación.

Con esta medida trátase de disuadir a quen antepón o interese económico individual ao interese xeral, e evitaríase a lexítima pero incómoda alternativa da denuncia persoal, eludindo o innecesario conflicto veciñal.

Diriximos esta proposta á Alcaldía e a cada un dos partidos políticos que configuran a Corporación Municipal, para que sexa debatida nun Pleno, e de ser aceptada, sexa publicada para coñecemento da veciñanza.

 Escairón, 10 de xaneiro do 2019. @MIUI| https://m.facebook.com/516494828468582/photos/a.519811464803585/1050249758426417/?type=3

Otros articulos relacionados.....