OS SOCIALISTAS ABANDONAN O “TEATRO” DA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN “ELECTORAL” POLO ACCIDENTE DO MARISQUIÑO no que esta IMPLICADO DIRECTAMENTE LÓPEZ VEIGA ALTO CARGO DO PPDEG
OS SOCIALISTAS ABANDONAN O “TEATRO” DA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN “ELECTORAL” POLO ACCIDENTE DO MARISQUIÑO no que esta IMPLICADO DIRECTAMENTE LÓPEZ VEIGA ALTO CARGO DO PPDEG
Información
31 Octubre 20183228 votos - Registrate para votar
O portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Investigación do accidente do Marisquiño, Abel Losada, anunciou hoxe o abandono dos socialistas do dito órgano para “non participar do intento de control político do Concello e da Alcaldía” dende a Cámara autonómica. Lembrou que o Parlamento autonómico carece de competencias no sinistro que ademais, apuntou, xa está sendo investigado polo Xulgado.
Losada fixo este anuncio xunto coa outra representante dos socialistas na Comisión, Patricia Vilán, e explicou a súa renuncia a “contribuír á cerimonia da confusión, á mascarada e teatrillo artellado por grupos parlamentarios sen representación no Concello de Vigo que intentan trasladar ao Parlamento o que a cidadanía non lle deixa” polos seus resultados “mediocres”.
Advertiu que “as conclusións xa están escritas” de antemán polos “coguionistas” do BNG e En Marea, en conivencia co PP, que logo de absterse na constitución do órgano agora se teña revelado como “factótum”. Sinalou que o Parlamento “a quen ten que fiscalizar é ao goberno galego”, polo que tildou de “insultante” o plan de traballo presentado polo PP que só inclúe ao director xeral de Emerxencias e ao delegado na cidade como cargos dependentes da Xunta.
Lamentou que o Grupo de En Marea teña cualificado de “vergoñentos” os vetos do PP nas normas de funcionamento e o plan de traballo da Comisión, un feito que “tiñan que ter pensado antes de presentar a proposta de Comisión de Investigación”. Agora non cabe sorprenderse, sinalou, de que o PP non queira que as conclusións requiran de maioría reforzada, impedindo que teñan que contar coa oposición, ou que utilicen a maioría absoluta como un “rodillo”.
Abel Losada sinalou que a intención electoral do PP con este órgano foi evidenciada cando a súa portavoz no Concello, Elena Muñoz, dixo que “o alcalde fixo todo o posible para que o accidente se producira”, ou o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, aludiu ao alcalde como “o ditador ese, o xefiño que case mata a 400 persoas”.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
OS SOCIALISTAS ABANDONAN O “TEATRO” DA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN “ELECTORAL” POLO ACCIDENTE DO MARISQUIÑO no que esta IMPLICADO DIRECTAMENTE LÓPEZ VEIGA ALTO CARGO DO PPDEG
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)