Información
Noticia destacada de Galicia

Miles de persoas reivindican o galego día a día

Información
Galicia 17 Mayo 2018 1122 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 A plataforma cidadá Queremos Galego congregou miles de persoas nunha masiva manifestación baixo o lema En galego día a día

A mobilización percorreu as rúas de Santiago de Compostela e puxo en valor o sobreesforzo das persoas galegofalantes para viviren en galego

Marcos Maceira: “para manter o galego vivo día a día temos que facer un sobreesforzo que ataca a nosa dignidade persoal e colectiva e non se lle exixe a ningunha outra lingua oficial”

Santiago de Compostela, 17 de maio de 2018

Un ano máis as rúas de Compostela ficaron pequenas para acoller os milleiros de persoas que se desprazadas de todos os recunchos do país para apoiar a manifestación convocada por Queremos Galego no 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Baixo o lema deste ano, “en galego día a día” a plataforma cidadá que aglutina máis de 500 colectivos e asociacións quixo poñer en evidencia os problemas e trabas  ás que se teñen que enfrontar as persoas galegofalantes no seu día a día.

O acto conducido pola comunicadora e presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galiza Nieves Rodríguez, contou coa participación de Marga Romero, Concha de la Fuente, Anxos Sobriño, Cesáreo Sánchez e Adela Figueroa que leron o manifesto deste ano no que se revindicou a necesidade de incrementar a presenza da lingua galega na administración para que se respecten os dereitos lingüísticos, na xustiza -onde só o 5% das sentenzas son en galego- ou nos medios audiovisiuais e de comunicación para non reducir a programación  na lingua propia nomeadamente na Radio Galega. Houbo especial mención ao proxecto do Diario Galego.

O sobreesforzo de manter a lingua viva

Na súa intervención o portavoz de Queremos Galego Marcos Maceira, ante unha ateigada praza da Quintana recoñeceu o “sobreesforzo que realiza o profesorado para elaborar materiais en galego, o sobreesforzo de pais e nais que procuran solucións ante a marxinal oferta de galego nos debuxos ou nos xoguetes, o sobreesforzo das editoriais que manteñen o noso idioma a pesar das cativas axudas da Xunta, grazas ao compromiso de manterdes o galego vivo!”. “Un sobreesforzo maior nas zonas do Eo-Navia, o Bierzo, Sanabria e o val do Ellas, onde o galego non ten recoñecida a oficialidade”, engadiu Maceira.

Queremos Galego denunciou o nulo compromiso e o desleixo da Xunta de Galiza ante todo o que son as cuestión relacionadas coa lingua galega pois, mentres outros territorios lexislan e amparan o uso das súas linguas, en Galiza é o propio goberno quen renega das súas competencias. Maceira acusou o presidente Feixóo de renunciar ás súas obrigas estatuarias “para se converter nun simple subdelegado do goberno en provincias”.

Para exemplificar Maceira argumentou que a Xunta presenta plans fantasma para dinamizar o galego entre a mocidade mentres en Galiza, “de facto ao galego impónselle un 155 lingüístico pois non se entende que o Tribunal Supremo di que o catalán debe ter unha presenza mínima no ensino dun 75%, o galego está baixando do 33% grazas ao decretazo contra o galego e á LOMCE”.

Confianza no futuro. Activismo para gañar

Malia a pasividade da Xunta para promover avances para o galego e as trabas do goberno do Estado, o voceiro de Queremos Galego amosouse esperanzado pois, nos últimos anos, a mobilización social conseguiu importantes pasos adiante para facer efectivo o dereito a usarmos a lingua propia de Galiza.

Apelou á unión de galegos e galegas para reivindicar, defender e empregar a lingua galega día a día.

 

--

Plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida..

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título de la Liga Gallega Absoluta Masculina de Primera División.Un..

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+