Información
Noticia destacada de Galicia

O Goberno do PPdeG utiliza a Xunta de Galicia para negarse a pagar o que debe

Información
Galicia 10 Marzo 2018 1276 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

OS AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS PÍDENLLE Á XUNTA QUE LLES PAGUE O QUE LLES DEBE

10 de marzo de 2018- A Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (APRAFOGA) e as organizacións sindicais con representación no colectivo (CIG, CC.OO., CSI-F e UXT) queren poñer de manifesto que os profesionais que na vaga de lumes que sufriu Galicia no mes de outubro de 2017 estiveron á fronte do operativo no terreo, exercendo a dirección da extinción, tal como é a súa función, a día de hoxe seguen sen percibir un céntimo polo seu traballo, case cinco meses despois.

 

Mentres, na Xunta de Galicia hai cartos para pagar anuncios propagandísticos, como quedou patente recentemente nunha entrevista televisiva en laSexta co Presidente da Xunta, e para pagar empresas externas para que fagan o traballo que nos corresponde ao persoal funcionario.

APRAFOGA e as organizacións sindicais denuncian que a Xunta de Galicia fixo oídos xordos, pese ás advertencias destas entidades en varias ocasións de que ía ser unha campaña de incendios complicada, e ás solicitudes en varios escritos da renovación dunha orde de horarios que reducira o exceso horario que estes traballadores están sendo obrigados a sufrir.

As organizacións representativas deste colectivo profesional esíxenlle á Xunta que retome as negociacións, iniciadas no 2017, sobre as condicións de traballo e que levan paralizadas dende o mes de decembro, por decisión da Dirección Xeral de Función Pública, pese a que se comprometera a tela rematada o pasado 1 de decembro.

Os axentes forestais e medioambientais consideran que despois de levar máis de dez anos cun acordo de condicións de traballo caducado e totalmente obsoleto é hora de que a Xunta pague o que debe e se sente a negociar cara o futuro. Hai que ter en conta que o efecto do cambio climático está a producir unha desestacionalización dos lumes, producíndose en calquera época do ano e sendo moito máis virulentos e perigosos, tal como se puido comprobar o pasado outubro, cando tras ter rematado o período extraordinario tiveron que activar unha época de alto risco de xeito improvisado.

Este colectivo actuou sempre de xeito profesional, como xa o ten demostrado en numerosas ocasións, e arriscando a súa integridade para salvar o patrimonio natural galego así como os bens e as vidas da poboación galega, e respondeu interrompendo vacacións e libranzas e acudindo de xeito voluntario.

APRAFOGA e as organizacións sindicais solidarízanse cos compañeiros de Xustiza, que día tras día teñen que sufrir os desprezos da Xunta, e que incluso teñen que oír como os invitan a marchar de Galicia se non están contentos. Os axentes forestais e medioambientais apóianos na folga que están secundando, obrigándoos a acudir a ela pola falta de diálogo desta Administración. Postura esta última que se dá en todos os ámbitos, tamén no referente ao colectivo dos axentes forestais e medioambientais.

Otros articulos relacionados.....
25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)