
Dende este venres ata o 27 de outubro, 50 establecementos hostaleiros de 23 concellos da provincia introducirán pratos con estes produtos acompañados de pan e galletas Daveiga, viño DO Ribeira Sacra e licores
A iniciativa, que desenvolve a Deputación da man da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, busca fomentar o turismo gastronómico e dinamizar o sector servizos visibilizando a excelente calidade culinaria da provincia..