Información
Noticia destacada de Galicia

Os políticos todos de acordo en xogar a billarda como modalidade deportiva

Información
Galicia 06 Junio 2019 434 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Entre os asuntos tratados na na Comisión primeira  celebrada no Parlamento galego o martes 4 de xuño, foi aprobada por unanimidade a proposta  do BNG  defendida polo deputado nacionalista, Luís Bará para o “recoñecemento de modalidade deportiva do xogo tradicional a billarda”.

O acordo acadado polo BNG,  inclúe  desenvolver un plan de  promoción deste xogo tradicional, con especial atención no “ámbito escolar” e  espazos de competición no Plan de Infraestruturas Deportivas de Galiza.

 

O deputado nacionalista aceptou unha emenda do  PP  para que a Xunta abra un “proceso de diálogo coas entidades dos deportes tradicionais como os bolos celtas, a chave ou a loita” co fin de  avaliar a posible  creación dunha “Federación de Deportes Autóctonos Galegos”. En todo caso, afirmou Bará, o recoñecemento como modalidade deportiva  é un paso previo e necesario para a creación da Federación. É sobre todo, “un gran paso adiante para darlle recoñecemento e visibilidade ao xogo da billarda”.

O nacionalista trasladou  o  recoñecemento do BNG  ás persoas e colectivos que desde o ano 2003 traballaron  na recuperación do xogo da billarda  coa creación da Liga Nacional da Billarda que se organiza en tres Confederacións: A Norleste, a Noroeste e  Rías Baixas.

Todos os grupos parlamentarios destacaron  a importancia  da práctica da billardacomo manifestación do patrimonio cultural inmaterial,  práctica social inclusiva desde o punto de vista xeracional e de xénero, e actividade deportiva que precisa o maior apoio institucional.

TEXTO APROBADO POR UNANIMIDADE

  1. Recoñecer a billarda como modalidade deportiva.
  2. Abrir un proceso de diálogo coas entidades que traballan no eido dos deportes tradicionais para avaliar a posibilidade de crear unha Federación Galega de Deportes Autóctonos.
  3. Desenvolver un programa de divulgación e expansión da billarda no ámbito educativo e no conxunto da sociedade. Para tal fin, estender a toda Galiza o módulo creado pola Secretaría Xeral de Deportes (dentro do programa XOGADE), difundido pola consellaría de Educación no ámbito da Delegación de Pontevedra, de divulgación do xogo da billarda no ámbito escolar.
  4. Fomentar e apoiar as competicións de billarda que se desenvolven en Galiza, así como o intercambio con outros países.
  5. Incluír os espazos para o xogo da billarda no Plan de Infraestruturas Deportivas de Galiza.
Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+