Información
Noticia destacada de Galicia

LIGO e Virgo detectan novas colisións de estrelas de neutróns

Información
Galicia 06 Mayo 2019 2460 votos

O Observatorio de Ondas Gravitacionais por Interferometría Láser (LIGO), no que colabora oInstituto  Galego de Física de Altas  Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia, xunto co detector Virgo, rexistrou o 25 de abril ondas  gravitacionais dun posible choque entre dúas estrelas de neutróns. Un día despois, a rede LIGO-Virgo descubriu outra fonte candidata que pode resultar da colisión dunha estrela de neutróns e un burato negro, un evento nunca antes observado. 

Os descubrimentos prodúcense poucas semanas despois de que LIGO e Virgo se volveran a poñer en funcionamento. Os detectores xemelgos de LIGO, un en Washington e outro en Louisiana en Estados Unidos, xunto con Virgo, situados no Observatorio Gravitacional Europeo (EGO) en Italia, renovaron as súas operacións o 1 de abril tras unha serie de melloras para aumentar a súa sensibilidade ás ondas gravitacionais. Agora cada detector estuda volumes máis grandes do Universo -distancias máis afastadas- en busca de eventos extremos como colisións entre buratos negros e estrelas de neutróns. 



Ademais dos dous novos candidatos que involucran ás estrelas de neutróns, a rede LIGO-Virgo descubriu nesta última observación tres posibles fusións de buratos negros. En total, desde que se fixo a primeira detección directa de ondas gravitacionais en 2015, a rede atopou evidencia de dúas fusións de estrelas de neutróns, 13 fusións de buratos negros, e unha posible fusión entre unha estrela de neutróns e un burato negro. 

Cando dous buratos negros chocan, deforman o tecido espazo-temporal, producindo ondas gravitacionais. Non obstante, cando dúas estrelas de neutróns chocan, non só envían ondas gravitacionais, senón tamén luz que pode ser observada por telescopios terrestres e espaciais. Un destes eventos ocorreu en agosto de 2017: LIGO e Virgo detectaron unha fusión de estrelas de neutróns en ondas gravitacionais e nos días e meses seguintes, preto de 70 telescopios observaron este evento en todo o espectro electromagnético, desde os raios gamma ata as ondas de radio. No caso do choque entre as dúas estrelas de neutróns, telescopios de todo o mundo apresuráronse a rastrexar as fontes e captar luz —a contrapartida óptica- e outras radiacións que se esperaban deste tipo de fusións, pero ata este momento ningunha das fontes foi identificada. 

Posible colisión entre unha estrela de neutróns e un burato negro 
A colisión da estrelas de neutróns do 25 de abril, denominada S190425z, produciuse a uns 500 millóns de anos luz da Terra. Só unha das instalacións xemelgas de LIGO captou o seu sinal xunto con Virgo (LIGO Livingston foi testemuña do evento, pero LIGO Hanford estaba desconectado). Debido a que só dous dos tres detectores rexistraron o sinal, non se puido situar con precisión a súa localización e a procura debe realizarse nunha rexión moi grande correspondente a case a cuarta parte do ceo. 

A posible colisión do burato negro e a estrela de neutróns do 26 de abril, denominado S190426 c, tivo lugar a aproximadamente 1,2 mil millóns de anos luz de distancia. Foi observado polas tres instalacións de LIGO-Virgo, o que axudou a restrinxir a súa localización nunha área que cobre o 3% do ceo. 

Ondas gravitacionais dende Galicia 
O Grupo de Ondas Gravitacionais do IGFAE é o máis recente dos cinco grupos españois que estudan o Universo nesta nova xanela da Astronomía, sumándose en outubro de 2018 á Colaboración Científica de LIGO na que tamén participa a Universitat de lles Illes Balears (UIB). Os tres grupos restantes da Universitat de València (UV), o Institut de Ciènces del Cosmos da Universitat de Barcelona (ICCUB) e o Institut de Física d' Altes Energies (IFAE) son membros da Colaboración Virgo.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago