- Ecoloxistas en Acción súmade aos máis de cen colectivos veciñais, ecoloxistas, do mar, sindicais e de defensa do patrimonio rexeitan o novo proxecto da mina de Touro e tildan o poxecto presentado como unha “copia barata” do anterior, que xa foi chumbado en 2020 ao recibir unha Declaración de Impacto Ambiental negativa.
- Denuncian que a Xunta agochou desde o mes de xaneiro que estaba realizando o trámite de declaración da mina de Touro como proxecto industrial estratéxico.
Ecoloxistas en Acción súmade aos máis de cen de colectivos veciñais, ecoloxistas, do mar, sindicais e de defensa do patrimonio cultural e do Camiño de Santiago veñen de mostrar o seu máis rotundo rexeitamento á nova tentativa de Atalaya Mining de forzar a aprobación da abertura da mina de Touro, censurando ademais que a Xunta ocultara, con fins electorais, a súa tramitación como proxecto industrial estratéxico.
Sinalan que o novo proxecto de explotación e estudo de impacto ambiental, presentados o 23 de xaneiro deste ano, semanas antes das eleccións, é unha “copia barata” do chumbado en 2020 cunha declaración de impacto ambiental negativa polos seus previsíbeis impactos sobre o sistema fluvial do río Ulla.
Lonxe de enmendar o proxecto anterior, Atalaya Mining e a súa filial Cobre San Rafael volven a pór enriba da mesa unha enorme balsa de 23 millóns de metros cúbicos de residuos tóxicos con 1,6 km de lonxitude e unha altura similar á da Catedral de Santiago.
O depósito de residuos está a menos de 500 metros do núcleo de poboación Arinteiro cuxa poboación sería aniquilada en caso dun accidente. De feito, a instalación proposta sería ilegal en países como Brasil, Ecuador ou China. Segundo os colectivos asinantes, o único que cambiou nos últimos 4 anos foi a cantidade de diñeiro ‘invertido’ pola mineira en propaganda e campañas de desinformación sobre a realidade do proxecto, que ocuparía máis de 800 hectáreas.
Por iso, anuncian unha mobilización masiva e sen precedentes para impedir o fraude que supón declarar como proxecto industrial estratéxico unha proposta que xa foi declarada ambientalmente inviábel. A declaración como proxecto estratéxico suporía reducir á metade os prazos da tramitación, a non suxeción aos títulos habilitantes urbanísticos, a declaración de interese social a efectos expropiatorios e a concesión de subvencións sen concorrencia competitiva, co que se pretende unha tramitación exprés que impida a participación pública e que os organismos sectoriais non dispoñan de tempo suficiente para emitir os seus informes. Debe terse en conta que o proxecto está composto por millares de páxinas e centos de documentos anexos.
Os colectivos lembran que o proxecto que volve a presentarse xa foi denegado por non acreditar a ausencia de afeccións significativas sobre o ciclo hídrico e sobre as masas de auga afectadas, nin acreditar a integridade do Sistema fluvial Ulla-Deza, espazo da Rede Natura 2000 e base do modo de vida de decenas de millares de persoas do Baixo Ulla e Ría de Arousa. A estes impáctos súmase o efectos devastador que o efecto tería para a economía das comarcas, particularmente sobre o sector agrogandeiro e agroalimentario así como para o Camiño de Santiago, que xeran emprego sustentábel e respectuoso co medio ambiente e a cultura local.
Apuntan a que nos últimos catro anos Cobre San Rafael, a filial de Atalaya, demostrou a súa absoluta ineptitude á hora de evitar a contaminación por metais pesados que continúa xerando a súa concesión mineira, o que evidencia a súa incapacidade técnica para un proxecto de tales dimensións. De feito, a empresa titular da concesión ven sendo repetidamente sancionada por Augas de Galicia polos danos ecolóxicos aos ríos Lañas e Brandelos, a pesar dos suspostos sistemas de tratamento.
COLECTIVOS ASINANTES:
- A de Rousmeri-Terra de Montes
- A Ría non se vende
- Afectad@s de Paderne
- Agrupación de a pé da Cofraría de pescadores San Bartolomé de Noia
- Alarma Terra de Montes
- Aire limpo na Mariña Mandeo
- Amigas da Terra
- Amil SEN eólicos
- Anovaterra
- APA Os Biosbardos
- Asociación A-Legre
- Asociacion Afectados PE Gasalla
- Asociación Alados Medioambiente
- Asociación Ambiental e Cultural Tralapena
- Asociación Amigas das Árbores de Ourense
- Asociación Amigas das Cegoñas
- Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde
- Asociación Amit
- Asociación ANABAM- Asociación Naturalista “Baixo Miño”
- Asociación Asemblea do Suído
- Asociación cultural A Galleira
- Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde
- Asociación Cultural Colectivo A Rula
- Asociación Cultural e Medioambiental A Pedra que Fala
- Asociación Cultural Ecolóxica Ridimoas
- Asociación Cultural Fuco Buxán
- Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra
- Asociación de Veciños e Veciñas Encrobas Viva
- Asociación Eco-Social, Medioambiental e Cultural “Boca de Sapo de Corcubión”
- Asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga
- Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS)
- Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA)
- Asociación Mar de Fábula
- Asociación Medioambiental Grupo Lobo Galicia
- Asociación Meta-Comunica
- Asociación Monte do Gato Seselle
- Asociación Noia Limpa
- Asociación Nove Refachos
- Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra
- Asociación Salvemos Monteferro
- Asociacion Salvemos o Noso de A Laracha
- Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo
- Asociación Umia Vivo
- Asociación Veciñal A Curva de San Gregorio
- Asociación Veciñal A Lama Vive
- Asociación Veciñal Carballeira do San Martiño
- Asociación Veciñal de Lentille
- Asociación Veciñal do Saviñao
- Asociación Veciñal Encrobas Viva
- Associaçom Cultural A Gentalha do Pichel
- Boa Vida Inclusión Activa
- Central Unitaria de Traballadoras (CUT)
- Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas
- Centro de Saberes para a Sustentabilidade
- Centro Social A Pedreira
- CMVMC de Santiago de Covelo
- Cofraría de pescadores San Bartolomé de Noia
- Colectivo Capitán Gosende (Terra de Montes)
- Colectivo Burla Verde 24
- Colectivo do Vento-Campo Lameiro
- Colectivo Ecoloxista Luita Verde
- Colectivo na defensa do patrimonio A Forneiriña
- Colectivo Terra de Montes en Perigo
- Comisión de Asociacións contra as Minas da Terra Chá
- Comitè se Defensa das Rías Altas
- Comuneiros do Chá
- Comunidade de Montes Outeiro de Minas e Valgrande
- Confederación Nacional do Traballo de Galiza (CNT GALIZA)
- Consumo Consciente Árbore, S. Coop. Galega
- Contramínate Asociación Ambiental
- Cornado Mina NON
- Defende A Galega
- Ecoloxistas en Acción
- Ecoloxistas en Acción Barbanza
- Ecoloxistas en Acción Coruña
- Ecoloxistas en Acción Rías Baixas
- Ecoloxistas en Acción O Ribeiro
- Ecoloxistas en Acción Ourense
- Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
- Federación Ecoloxista Galega
- Fraternidad Internacional del Camino de Santiago (FICS)
- Fundación Galicia Verde
- Fundación Montescola
- Greenpeace
- Grupo A Quenlla
- Grupo Naturalista Hábitat
- Interior Galego Vivo
- Irmandade Illa de Tambo
- Juventud x Clima - Fridays For Future España
- Morcegos de Galicia
- Maquinarias Teatro
- MOVENEDA - Movemento Veciñal Neda
- Plademar Muros- Noia
- Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes-Santiago
- Plataforma Aire Limpo na Mariña Mandeo
- Plataforma Augas Limpas Aldán/O Hío
- Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Finx
- Plataforma Casalonga Limpa de Residuos
- Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo
- Plataforma Cultura Ferrolterra
- Plataforma para a Defensa do Sur da Dorsal Galega
- Plataforma pola defensa dos ríos Verdugo e Oitavén.Encoro Non.
- Plataforma pola recuperación do Sar
- Plataforma Oro NO
- Plataforma SOS Suído Seixo
- Plataforma Veciñal Caíño-Brancellao
- Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non
- Plataforma Veciñal Si a un Rural Vivo
- Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural
- Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
- Salvemos a Comarca de Ordes
- Salvemos Catasós Asociación
- Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas
- Sociedade Galega de Historia Natural
- Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
- SOS Encrobas
- Veciñ@s polo rural
- Vento Mareiro de Ferrol
- Verdegaia
- Vida e Ría, ou minaría?
- Xarda Sociedade Cooperativa Galega
- Plataforma Quijote Outes